Xoves, 26 de marzo

     Bos días chicos e chicas! Como o levades? Eu espero que moi ben. Xa vedes que as tarefas que vos mando son máis ben faciliñas eh! Espero que non teñades moita queixa. De todas formas, sabedes que se tedes dúbidas, ou incluso queredes contarme que tipo de actividades vos gustan máis, podedes escribirme a tercero.viladerutis@gmail.com e eu vos responderei encantadísima!

     Xa estamos rematando a segunda semana de corentena, ao final non está pasando tan despacio o tempo verdade? O único malo é que todavía queda un par se semaniñas máis, pero sei que entre todos imos poder. E tede en conta que desas dúas semanas, soamente unha teredes traballo, xa que a última se corresponde coas vacacións de semana santa. 

     Bueno, imos aló co traballo de hoxe. Primeiro de todo, coma sempre, recordamos cal era o horario das asignaturas que tiñamos hoxe: empezamos con inglés, despois lingua galega, seguimos con ciencias sociais, despois do descanso e da hora de ter teremos lingua castelá e rematamos a mañá con ciencias naturais. Preparados? Aló vai. 

- Inglés: hoxe sí que sí, é o último día para facer este traballo. Tivéchedes moitísimos días, así que espero que vos quede precioso precioso. Supoño que a estas alturas xa teredes toda a información buscada, como mínimo, así que agora toca poñelo bonito. Recorda que ten que ser unha especia de folleto coa información que atopaches de San Patricio, poñéndoo ben bonito e utilizando todos os recursos que ti queiras para enbelecelo todavía máis (poder usar pegatinas, debuxos, imaxes impresas, o que ti consideres, sempre relacionado co tema claro). O próximo día de inglés (o luns) empezaremos materia nova!

- Lingua galega: hoxe, imos empezar unha actividade de comprensión lectora. Debedes de ler o texto que hai no seguinte enlace, e empezar a responder as primeiras 6 preguntas. Mañá contestaredes ás preguntas que faltan. Parecen moitas, pero non son tantas porque moitas son simplemente de marcar a resposta, como as que facemos na clase. "A roupa da galiña"

- Ciencias sociais: imos continuar co noso traballo sobre a contaminación. Agora que xa sabemos cales son as cousas que contaminan a hidrosfera e a atmosfera, toca continuar buscando sobre as consecuencias. Escribe a continuación das causas (é dicir, das cousas que o provocan), as consecuencias que teñen, por un lado a contaminación do aire e polo outro a contaminación da auga, explicando un pouquiño que significan esas consecuencias. 

- Lingua castelá: hoxe imos repasar os sinónimos e antónimos facendo estes xogos interactivos na seguinte páxina web http://www.xtec.cat/~feguigur/Castella/sinonimos/sinonimoscontrarios.html Non son moitos, así que debedes rematarlos todos. 

- Ciencias naturais: en naturais, tamén imos continuar co traballo que empezamos o último día sobre o COVID.19, é dicir, o coronavirus. O último día buscamos cales eran os seus síntomas principais, e agora imos buscar que cousas podemos facer nós para evitar contaxiarnos deste virus. Escribe toda a información xunta, para non perdela, xa que logo faremos algo con ela. 

     E ata aquí o día de hoxe, xa vedes que vamos avanzando e facendo moitas cousas, case case sen darnos de conta. Queda moi pouco xa para rematar esta semana, chicos, moito ánimo, moita forza e un bico e un abrazo mooooi grande da vosa profe que vos quere moito.

Resultado de imagen de arcoiris

Comentarios

Publicar un comentario