Bos días chicos, estamos aquí de novo, nunha nova semana, dispostos a traballar. Como foi esta fin de semana? Gustaríame moito saber como levades esta tempada, así que xa sabedes, se queredes contarme algo, podedes escribirme a: tercero.viladerutis@gmail.com
Parece que as boas noticias comezan a aparecer, e é posible que dentro de pouco tempo vos deixen empezar a saír a vós, os nenos e nenas, ás rúas, sempre acompañados dos vosos pais ou nais, para poder respirar un pouco de aire fresco e botar unhas carreiras. Cando vos deixen facelo, por favor, sede responsables, non quere dicir que todo pasara xa, e aínda tardaremos en volver á normalidade, pero de todos depende que se faga canto antes.
E sen máis, imos co horario de hoxe. O horario desta semana terá algunha pequena modificación con respecto ao noso "horario ordinario", pero non pasa, porque xa bastante cambiado está todo, verdade? Hoxe empezaremos con matemáticas, lingua castelá, lingua galega, inglés e ciencias sociais. Imos coas actividades:
- Matemáticas e lingua castelá: hoxe facemos unha actividade conxunta, que consta de dous pasos diferentes. Vóuvolo contar paso por paso para que non vos liedes, vale? Imos debuxar monstros, soa ben verdade? Necesitaremos un dado e a seguinte plantilla: plantilla para debuxar monstros. Se non tedes un dado, podedes facelo utilizando esto: plantilla para construir un dado.
1. Tira o dado, e o número que salga determinará que tipo de corpo (1º tirada), ollos (2º tirada), boca (3º tirada) e orellas (4º tirada) ten. Debes debuxar con esta técnica DOUS monstros e tamén colorealos por dentro para que sexan máis bonitos
2. Cando os teñas, debes DESCRIBILOS en lingua castelá, empezando desde arriba cara abaixo e falando das súas FORMAS e CANTIDADES (dous ollos, corpo redondo...). Debes escribir: un parágrafo para describir un monstro, outro parágrafo para describir o outro monstro, e un terceiro parágrafo para comparalos, é dicir, en qué se diferencian e en qué se parecen?
- Lingua galega: hoxe, para lingua galega, preparei un crucigrama moi chulo que nos vai servir para repasar os antónimos, e que agocha unha adiviña. Resolve o seguinte crucigrama de antónimos: tes que escribir a palabra antónima á que che dan na definición (pincha nos números do crucigrama para poder ver as definicións de cada palabra). Crucigrama de antónimos. Cando as teñas todas, fíxate nas palabras que descubriches... es capaz de adiviñar en que animal estaba pensando? Espero as respostas.
- Inglés: volvemos ao libro electrónico, entramos na páxina https://tiger.macmillan.es/ e poñemos como usuario TODOSALDRABIEN e como contrasinal MEQUEDOENCASA. Cando teñamos isto, temos que facer: Activity book, page 38, exercices 4 and 5.
- Ciencias sociais: hoxe, para ciencias sociais, recuperamos o calendario que fixemos a semana pasada. A tarefa de hoxe consiste, simplemente, en completar o calendario atmosférico co tempo que vai hoxe. Sae á ventá, fíxate ben no tempo que ves, e debúxao no cadrado do día correspondente, pola mañá, e fai o mesmo pola tarde. Recorda debuxar o mesmo que puxeches na lenda.
*Déixovos por aquí a plantilla, por se hai algún despistado que non a teña ou a perdera: plantilla calendario atmosférico.
E ata aquí as tarefas do luns, sinxelo verdade? Hoxe tocaron tarefas moi fáciles para empezar a semana, outros días tocarán cousas un pouco máis complexas ou de máis traballo, pero quero que saibades que sodes uns campións por todo o que estades traballando e que estou MOI ORGULLOSA de todos e todas vós. Espero vervos moi pronto!
¿¿¿¿¿¿¿EL animal del crucigrama era un gato???????
ResponderEliminarnono, más pequeño todavía.
EliminarUn hamster
ResponderEliminarnono, te acercas, pero no es un hámster
EliminarUna rata, roedor?
ResponderEliminarCobaya!!
ResponderEliminarTe acercas mucho, pero no, no es una cobaya. No es un roedor, pero se le parece mucho
Eliminarufff...conejo?
ResponderEliminarBien Fabi, quien la sigue la consigue. Era un conejo!
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
Eliminar