Sorpresa!


A Comunidade Educativa do CEIP Vila de Rutis quere adicarlle unha homenaxe aos protagonistas do colexio que, como non podía ser doutra maneira, son os nenos e nenas.
Nestas circunstancias especiais, temos que buscar algo positivo en todo o que está pasando, empezando por disfrutar máis dos que temos ao noso lado. Aproveitade para falar moito, xogar cos nenos e nenas, deixarlles participar nas tarefas diarias... e cando esto remate, non esquezamos que nós tamén puxemos un pouco da nosa parte QUEDÁNDONOS NA CASA



As mestras e mestres do CEIP Vila de Rutis
queremos recordarvos que, a pesares de estar lonxe,
témosvos moi presentes.
E con este vídeo queremos recordarvos
o moito que vos queremos, que vos botamos de menos
e, por suposto, que cando poidamos
voltaremos con forza, ganas e moita ilusión.
Todo chega, todo sairá ben,
pero mentres, pedímosvos que quededes na casa
coma nós
EU QUEDO NA CASA
E TI?

Comentarios

Publicar un comentario