Benvidos/as á nosa clase

    Ola!! Benvidos ao noso blogue!! Como xa sabedes, somos as nenas e os nenos de terceiro, e con esta ferramenta imos compartir con todos as nosas aventuras na clase. Que ganas! Aínda que esta entrada só é unha presentación, para que nos coñezades. 

    En total somos doce, temos moita sorte de ter unha clase na que todos somos amigos. Os nosos nomes son: Mateo, Rubén, Cristina, Daniela, Esaw, Mariana, Sara, Fabián, Santiago, Savannah e Raúl. Pero o mellor de todo, o mellor que ten a nosa clase, é que todos somos moi diferentes e iso nos permite aprender uns de outros. Iso fai que todo sexa moito mellor!

    Ah! E tamén queremos presentarvos aos nosos profes, que seguro que a algún xa o coñecedes. A nosa titora chámase Lorena, e nos ensina a maioría de asignaturas, pero tamén está Nati, que nos da inglés, Antonio, que nos da educación física, Mabel, que nos da música, e Rosa, que nos da relixión a algúns, xa que outros temos valores. E tampouco podemos olvidarnos de Nerea e Carlota, que tamén nos dan algunha sesión das horas de ler pola semana. 

    Por último, contarvos que a nosa idea é publicar unha entrada cada semana, que poderemos escribir nós sempre e cando teñamos tempo na clase, coa axuda da nosa titora. Así os teremos ao día de todo o que vai ocurrindo na nosa aula. Iso si, se temos algunha actividade diferente seguro que faremos algunha cousa especial para ensinárvolo. Moitas grazas por lernos e benvidos á nosa clase!


Comentarios