Empezamos Outubro!

     Ola de novo! Estamos aquí para facervos o resumo do que pasou nesta primeira semana de outubro. Este mes que acaba de comezar é moi importante para nós, xa que ademais de estar xa en outono, empezamos a ter máis traballos e tarefas no cole, polo que é moi importante que nos poñamos as pilas dende xa. Estamos preparados!! Esta semana, como faremos todas, o venres fixemos unha chuvia de ideas para recordar, entre todos e todas, as cousas máis importantes que pasaron nesta semana. Saíron un montón de cousas, xa que foi unha semana chea de emocións.

     O martes, a nosa titora xunto coa mestra de relixión, deunos unha responsabilidade moi importante para todo o cole: somos os encargados do papel!! Isto significa que, cada certo tempo, imos ir en grupos de catro persoas, sempre acompañados por unha das dúas profes, a vaciar as papeleiras de reciclaxe de todas as clases e tiralo no contedor de papel. É unha responsabilidade moi importante, e sentímonos moi afortunados por isto, e así tamén axudamos a coidar o medio ambiente! O martes fixemos todos xuntos a primeira ronda, e tamén repartimos papeleiras a aquelas clases que todavía non a tiñan. Todo o cole xunto podemos facer moito na tarefa da reciclaxe! E por iso, tamén nos dedicamos a decorar a nosa papeleira de papel. Xa que aprendimos que o contedor de papel é de cor azul, decidimos decorar a nosa caixa que usamos de reciclaxe de cor azul e pegar nela debuxos do que SÍ podemos tirar nela (é importante ter coidado con iso!). Aquí tedes algunhas fotos do noso traballo por estacións (uns pintaban a caixa e outros debuxaban as cousas que sí podemos tirar nela).




     Tamén queríamos contarvos que fumos, por primeira vez, á clase de informática, e estamos aprendendo a buscar información. Neste caso buscamos información sobre os animais tan raros que estamos coñecendo en ciencias naturais. Ah! E nos estamos volvendo uns auténticos expertos en sumas e restas gracias ao super repaso que estamos facendo. Ademais, esta semana foi o cumple de Santi, que o celebramos cantándolle o cumpreanos feliz e incluso soplou unha vela. E como a próxima semana é o de Daniela, repartiunos a todos na clase unha invitación para o seu cumple... ímolo pasar xenial!! 

     Ah! Case se nos olvida. Esta semana comezamos tamén a utilizar o Class Dojo. Algún de nós xa o coñecía, de usalo en coles anteriores, e para outros é algo moi novo, pero estamos todos aprendendo a usar a tablas que nos fixo Lorena para anotar os puntos que vamos gañando, xa que os apuntaremos ao final do día. Que ganas temos de ir coñecendo os premios! E ata aquí o resumo da nosa semana, ata a próxima entrada!! 


Comentarios