Fin de curso: despedida, recordos, deberes...

     E así, tal e como estamos, remata o curso 2019/2020. Rematamos terceiro dunha maneira moi rara e diferente, que esperamos que non volva ocorrer, pero da que temos aprendido moitas cousas. Pero non todo foi malo neste curso tan especial: eu levo moitos recordos moi bonitos que estou segura de que vós tamén recordaredes con moito cariño.

     Vouvos deixar por aquí un par de sorpresas, que de seguro que vos fan moita ilusión e desfrutades coma min. Espero que vos guste esta despedida e que recordedes con moito cariño este curso.

      A primeira sorpresa é... A PRIMEIRA REVISTA DO NOSO COLE! O equipo de dinamización da lingua galega estivo traballando moi duro para facela e está chea de fotos, recordos e moitas cousas bonitas. Tedes que entrar na seguinte páxina: Revista 2019/2020 e pulsar enriba da foto para poder ver a revista enteira. Desfrutádea porque é marabillosa.

     Ademais, aínda que estivemos tres meses e medio menos do que debíamos estar xuntos, fixemos moitas cousas, pasámolo moi ben, divertímonos moito e temos unha morea de recordos xuntos. Como por exemplo en Samaín: entre os disfraces, a merendola, os contos de bruxas, as actuacións, os concursos de monstros e as actividades monstrosas... pasámolo pipa.



     Ou tamén cando celebramos o Magosto, recordades? Como vos puxéchedes coas castañas! Iso si, estaban boísimas! E despois tivemos un rato de xogos e ata tiñamos nu fotomatón de castaña na que participáchedes algúns de vós. 


      E que máis? Pois moito máis. Como o día contra a violencia de xénero, que estivemos días e días para practicar a canción de "La puerta violeta" de Rozalén, recordades? Alguén recorda todavía de como era? Eu un pouquiño, sobre todo a parte do estribillo. 


     E por suposto, tamén celebramos o Nadal. Quen recorda a actuación que fixemos de Nadal? Coa canción de Mariah Carey. De seguro que se a poñedes a soar todavía vos saen algúns dos pasos de baile. A verdade é que vos quedou xenial! E, por suposto, en Nadal tamén tivemos merendola, e incluso viñeron a vernos os Reis Magos! 



     Que de cousas fixemos no primeiro trimestre, verdade? Pois no segundo MOITO MÁIS. Como por exemplo o día da paz, no que aprendimos cousas sobre a celebración dese día, pero tamén entendimos a importante que a Paz ten na sociedade, verdade?


     Neste curso tamén vivimos un entroido moi especial, xa que cada día da semana: fomos ao cole disfrazados dunha maneira diferente! "Os mandadiños" chamámolo, pero que ben o pasamos. Acordádevos do día do pixama? E o da cara pintada? A profe pinta moi ben eh! Pero, por suposto, non podemos olvidar o noso disfraz de Australianos, e a nosa actuación: A HAKA. E o rica que estaba a merendola? Canto comemos ese día!



     E acordádevos de cando plantamos as árbores no patio? Cada clase plantou dúas árbores diferentes. Alguén recorda que árbores eran? O que está claro é que todos estamos desexando ver canto creceron o próximo ano. Esperemos que moito! Seguro que dentro duns anos xa nos están dando sombra para cubrirnos do sol cando faga moita calor. 


     Ademais, neste curso coñecemos a alguén que tivemos a mala sorte de poder desfrutar moi pouquiño, pero que foi unha visita marabillosa e esperamos poder repetir o ano que ven, verdade? Si, por suposto, acertáchedes: falo de DANA! 


     Pero, para ser sinceiros, festas e celebracións non foron o único divertido do cole, a que non? Na clase tamén pasámolo xenial. Xogos, torneos pokémon, xymkanas dos sentidos, ç medir cousas coas mans e os pés, concursos, traballos en parella, tempos de xogo libre, encargados do papel... hai tantas cousas divertidas que fixemos este curso que oxalá a profe tivera fotos de todas elas, para non olvidalas nunca. Pero aquí tendes unha pequena mostra dun ano que non olvidaremos ninguén: o noso primeiro ano no Vila de Rutis. 


     E con isto rematamos os recordos deste curso, que non son poucos verdade? Parece que foi un curso moi curtiño, pero a verdade é que vivimos moitas cousas xuntos, e por iso merece tamén a pena recordalo. Que o COVID non sexa o único recordo que nos quede deste curso. Por certo: 

GUSTARÍAVOS TER ESTAS FOTOS DE RECORDO DO CURSO? MANDÁDEME UN CORREO A tercero.viladerutis@gmail.com DICÍNDOMO, E EU PASAREIVOS A CARPETA ESPECIAL QUE TEÑO CON ESTOS COLLAGES, AS FOTOS QUE OS COMPOÑEN E ALGUNHA MÁIS. 

     Ademais, tamén vos deixo por aquí outra cousiña de recordo, un marcapáxinas que diseñei e que encantaríame poder darvos en persoa, pero lamentablemente non pode ser. Encantaríame que o imprimísedes, e que o utilizárades para recordar este curso con tanto cariño como o penso recordar eu. Por aquí volo deixo, espero que vos guste: Descargar marcapáxinas.


     Case para o final deixo isto, aínda que para min é moi importante. Gustaríame moito que cubrírades esta enquisa sobre este curso, a vosa profe e o cole, porque coñecer a vosa opinión, sobre todo nestas circunstancias, é moi importante para min: enquisa sobre o cole

     E xa para rematar, veñen os deberes. Como este foi un curso moi especial e diferente, os deberes tamén os van ser: hai dous tipos de deberes. Uns obrigatorios, para facer todo o mundo, e outros voluntarios, que podedes facer os que queirades pero que estou segura que vos axudarán:

- Deberes OBRIGATORIOS: documento. Aquí tedes os deberes obrigatorios para este verán: fai deporte, debuxa, desfruta, pasa tempo coa túa familia e non te olvides de facer 🅥 en cada un deles cando os vaias facendo. Serás capaz de facelos todos? Recorda que o verán é moi longo. 

- Deberes VOLUNTARIOS: E estes son os derebes voluntarios: Caderno de reforzo de verán. Trátase dun documento de traballo con exercicios de repaso das diferentes asignaturas, sobre todo matemáticas, lingua galega e lingua castelá, organizado por semanas, en total 10 semanas. É dicir, cada semana tedes unha serie de exercicios para facer: podédelo facer todo no mesmo día, ou repartírvolo, iso xa depende de vós. É moi importante mencionar que este "caderno de repaso" de verán foi feito en estreita colaboración con, e con moitísimo traballo por parte de, María, a profe de Refórza-T, que tamén vos manda un bico xigante.
*Este caderno está pensado para facer IMPRESO. Tede isto en conta, e é a nosa recomendación. 

     E ata aquí este curso: espero que teñades desfrutado, o pasárades ben, aprendérades moito e, sobre todo, vos quededes con todas as cousas boas que tivo este curso, xa que non todo foi malo. Eu a verdade é que recordarei sempre este curso tan raro, pero tamén tan especial, e por suposto a cada un de vós que fixo que este curso fora así. Espero que vós tamén me recordedes. Un bico moi moi moi grande, unha aperta de oso para cada un de vós, e recordade saudarme se me vedes este verán!!

FELIZ VERÁN!
Banner De Dibujos Animados De Playa De Verano El Verano Playa ...

Comentarios