Unha semana diferente

Ola de novo! Xa fai moito que non nos pasamos por aquí. O venres pasado non tivemos tempo nin para facer a entrada! Así que, aínda que un pouco tarde, aquí estamos outra vez. Imos facervos un resumo dunha semana que para nós foi moi especial. 

O luns chegou a primeira sorpresa, xa que era o cumple da nosa profe. Lorena trouxo ata unha tarta pequena para celebrar o seu cumple, estaba boísima!!

Ademais, tamén comezamos a preparar un pouco o Samaín. Empezamos con uns debuxos en inglés, unhas grilandas en plástica e incluso unha canción en música. É moi divertido! Como o celebraremos? Temos ganas de saber máis. 

Ah! E tamén fixemos algúns xogos novos. Uns deles foron "os xogos das cadeiras" e, en equipos, tiñamos que escribir palabras e clasificalas segundo o número de sílabas ou a súa sílaba tónica. Aínda nos custa un pouco o segundo, pero vamos por bo camiño. 

Esta semana Fabián nos fixo un regalo para a clase que nos gustou moitísimo, un corazón feito de Hamma Beads. O temos no taboleiro decorando, é xenial. E a profe terminou tamén de facer os carteis para que poñamos cada día o horario e os encargados, e gústanos moito. 

Por último, tamén pasou algo moi importante esta semana. Agora xa SOMOS 13! Chegou Manuela, unha nena nova para a nosa clase, que é moi boa amiga e cáenos xenial. Aínda nos estamos coñecendo pero a queremos moito. Benvida Manuela!!

Deixamos por aquí algunhas fotos de cousas novas que engadimos á nosa clase... pouco a pouco vai collendo forma, color, e quedando máis bonita.



Comentarios