Unha semana loca

    Ola amigos! Hoxe imos contarvos o que fixemos nesta semana.

     En mate xogamos ás pirámides. É un xogo en equipo de sumas e restas por niveis. Había seis niveis, e cada dous niveis había cofres con premios pechados con candados.O obxectivo do xogo era abrir os candados, e os gañadores foron Mariana, Daniela, Mateo e Santiago.

    O martes foi o cumple de Daniela, aínda que o celebramos o mércores, para que estivera a nosa profe connosco, merendando a súa tarta de cumple. Estaba deliciosa! A festa foi o xoves pola tarde e pasámolo moi ben todos e todas xuntos.

    Ademais, rematamos o mural de Culleredo, sobre as cousas máis importantes que coñecemos de alí, que fixemos en ciencias sociais Agora o mural está exposto nio pasillo do cole. Ah! E tamén rematamos de ver a peli de Casper que empezáramos a semana pasada.


    Por último, queríamos contarvos tamén que foi a primeira vez que levamos deberes para casa. E pronto empezaremos cos exames. Ata pronto!

    Escrito por Rubén e Cristina.

Comentarios