Celebramos o Samaín

    Ola! Canto tempo!

    Estas últimas semanas estivemos moi moi liados, traballamos moitísimo e preparámonos para desfrutar do Samaín. É unha celebración que nos encanta, e estabamos tan ocupados facendo grilandas, decoracións para a porta, debuxos para o pasillo, morcegos de todos os tamaños e cores... que case se nos pasa contarvos o ben que o pasamos! (nas fotos da porta faltan os esqueletos que fixemos coa profe Nati, son super chulos).




















    Como xa sabedes, o mércores foi o "día grande" no cole, que ben o pasamos! No cole deixáronnos vir disfrazados, e aínda que non todos quixemos, a maioría vimos cos disfraces e pasámolo xenial! Tiñamos algún gardián de mazmorra, esqueletos, zombies, demos, bruxas... algúns disfraces eran terroríficos, e a maioría os profes tamén estaban disfrazados!!


    Para empezar a mañá celebramos un concurso de monstros cuns debuxos marabillosos. Tiñamos tres premios: un para o monstro máis gracioso, que gañou "Dinotauro" de Nerea, outro para o monstro máis terrorífico, que gañou "Saco de sesos" de Sara, e outro para o monstro mellor debuxado, que foi para "Señorito Potato" o monstro de Rubén. Aínda que para ser xustos, en dúas das categorías houbo empate con "Manuela", o monstro de Manuela, e "Farby", o monstro de Fabián. Noraboa gañadores! A verdade é que todos os monstros eran moi chulos!

    Despois do concurso baixamos a ver todos os postres do concurso de postres... que eran espectaculares. Estivemos dando un paseo no comedor vendo os postres, e os profes nos contaron que habería dous premios: un para o postre máis rico e outro para o máis terrorífico. Nós xa temos os nosos favoritos, pronto descubriremos se acertamos. Ademais, visitamos tamén a exposición de cabazas tan chulas que había, aínda que as nosas favoritas foron, sen dúbida, as dos nosos compañeiros de terceiro, eran as mellores!! 








    Despois na clase fixemos un rato de pasatempos monstrosos con sopas de letras, crucigramas, diferencias, debuxos, xeroglíficos e moitos máis... ata que chegaron os postres! Tivemos a sorte que varios dos nosos compañeiros trouxeron postre, e puidemos degustalos, estaban deliciosos. Probamos as galletas de araña e o biscoito cemiterio de Manuela, os dedos terroríficos de Mateo, as galletas momia de Raúl e a tarta de galleta e chocolate con forma de cemiterio de Daniela! Acabamos súper empachados, pero é que estaban tan bos... (mirade se estaban ricos, que algún ata nos olvidamos de sacarlle a foto antes de probalo... perdoade!). Ademais, como nos sobrou moita comida, compartimos un pouco cos compis de sexto, que case non tiñan postres para degustar. 









    Xa para acabar o día, tivemos un recreo especialmente monstroso, no que case todos os nenos e nenas estaban disfrazados. Despois fixemos unha sesión de contacontos na que unhas bruxas horrendas contáronnos dous contos a todos os nenos e nenas do cole, dende infantil ata sexto: "La extraña visita" e "Las tres brujas". Finalmente, fixemos o baile que levabamos unhas cantas clases preparando coa mestra de Música, e saiunos xenial, foi moi divertido! Foi un día xenial. 





     E ata aquí a nosa historia de Samaín... oxalá sexa tan divertido o próximo ano! Ah, que aínda que festexamos moito, tamén seguimos traballando, e de feito xa estamos nerviosiños porque...  achéganse os primeiros controis! Esperemos que sigamos igual de ben. Informarémosvos!





Comentarios