¡AVISO MOI IMPORTANTE!

     Boas tardes chicos. Por favor, preciso que esta entrada a leades coa vosa familia. É MOI IMPORTANTE. Necesito que me enviedes un correo, ou vos poñades en contacto conmigo, aquelas familias que NON TEÑEN ou NON PODEN ACCEDER á aplicación AbalarMobil. Espero as vosas respostas ao correo: tercero.viladerutis@gmail.com 

     Se alguén ten algunha dúbida sobre o funcionamento, por favor, que se poña en contacto conmigo e eu chamarei ou o que sexa necesario para facilitar o acceso a todas as familias na medida do posible. Agardo poder contar coa vosa colaboración. Agradecería que vos puxérades en contacto entre vós con aquelas familias que poideran non ler esta entrada do blogue, repito que é MOI IMPORTANTE. Moitas gracias de novo pola axuda e a colaboración. Preciso esta información canto antes, así que por favor poñédevos en contacto conmigo o máis pronto posible e difundide esta publicación entre as familias que poidades, para que non se lle pase a ninguén. 

     A maiores, e como todos os días, déixovos aquí algunha proposta para xogar e facer hoxe pola tarde, coma sempre para axudarvos a pasar o tempo e pasalo ben. As propostas de hoxe son: 

- Para quen non o viu ou non o fixo todavía, o venres propuxen, para os máis atrevidos, a descarga e experimentación da linguaxe de programación mediante a aplicación para móbiles ou tablet "ScratchJr". Volvo recomendala, penso que podedes pasar un bo rato e é un reto moi interesante. 

- Tamén vos propoño a seguinte páxina, con moitas fichas para imprimir debuxos para colorear por números. Vos propoño un reto: alguén se atreve a crear a súa propia ficha? Gustaríame moito velas. Por aquí vos deixo a páxina, por se queredes imprimir algunha ou coller ideas para facer a vosa: http://www.colorearya.com/index.php?/category/colorear-por-numeros

- E por último, pero non por iso menos importante, gustaríame recomendarvos outra aplicación moi moi chula. Actualmente convertiuse no meu xogo favorito do móbil, e espero que a vós tamén vos guste. Vos recomendo empezar polo nivel máis fácil para probalo, e xa me contades o que opinades. Espero que vos guste tanto como a mín: O xogo chámase "NONOGRAM"

     E ata aquí a entrada da tarde de hoxe. Por favor, é MOI IMPORTANTE que me comuniquedes se non podedes acceder a Abalar, xa que as notas desta avaliación serán entregadas a través da aplicación a finais desta semana. Moitas gracias de novo pola vosa colaboración. 


❗ Signo De Exclamación Emoji

Comentarios