Boa finde!!

     Boas pirufines!! Como foron as tarefas de hoxe? Seguro que foron xenial, estou convenida de que o estades a facer xenial. Xa sabedes que hoxe, como é venres, é o último día da semana con tarefas. Algún sei que se alegrará, pero no fondo no fondo davos un pouquiño de pena eh, que sei que vos manteñen entretidos. 

     Hoxe, como todos os días, vou propoñervos algunhas cousiñas para que fagades para pasar o tempo, pero como é venres e ven unha larga fin de semana por diante, vou propoñer algunha cousa máis da que propoño normalmente, así tedes algunha idea máis para facer. Espero que vos gusten, que as poñades en práctica, e por suposto que se as poñedes saquedes fotos e mas pasedes ao correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com Sabedes que me encanta recibir os vosos correos!

    Por certo, ENCANTOUME PODER FALAR CON VÓS.. A verdade é que, sobretodo ao principio, dábame un pouquiño de vergoña chamar, pero penso que valeu a pena. E, por suposto, moitas gracias a todos vós e a todas as vosas familias pola colaboración. Encántame saber de vós, de verdade. Pronto volveremos a vernos, seguro. E terei un abrazo preparado para cada un de vós. Que pensades vos? Gustouvos? 

- A primeira proposta para esta fin de semana son un par de contos para que leades en familia. Espero que vos gusten e vos axuden a pasar este difícil momento que estamos a pasar todos xuntos. Un deles incluso o lemos na clase xa, a ver se vos acordades de cal! Por certo, que un deles pasoumo a mamá de Fabián (moitas gracias!)
* Conto "Mi casa es un castillo" Pincha aquí
* Conto "Misión quedarse en casa" Pincha aquí
* Conto "El coronavirus"Pincha aquí

- Como segunda proposta, os inclúo tamén outro conto, pero é un conto moi especial, trátase dun conto sobre as emocións vinculadas ao amor. Sei que isto do amor é unha palabra un pouco complicada para vós, pero é importante que comprendamos todo o que inclúe, e todas as formas que temos de expresar amor.  Non é un conto en si mesmo, teredes que lelo para comprendelo. Un libro MOI RECOMENDADO. Ademais, inclúe unha actividade chula que podedes realizar, e se queredes estarei encantada de que me ensinedes. 
* Libro "Amar cuando más se necesita" Pincha aquí
* Actividade do libro Pincha aquí

- En terceiro lugar, pásovos unha guía moi interesante de cousas que facer para pasar a corentena. É unha guía moi completa, e está estupendamente. Inclúe deporte, música, series, películas, xogos online, xogos de tablet, xogos de mesa, xogos movidos para facer en casa, cociña... Botádelle un vistazo porque seguro seguro que atopades algunha idea interesante para facer durante estes días. Programa de ocio en cuarentena

- Por outra parte, propóñovos un par de páxinas de xogos online, xa veces que aquí temos para todos e para todos os gustos. Nesta primeira páxina https://www.cokitos.com/3-primaria/ atoparedes un mogollón de xogos diferentes (a algún deles xa xogamos un pouco esta semana) sobre diferentes temáticas, así que tedes para probar todo o que queirades!! E nesta outra páxina tedes TODO TIPO de pasatempos (sopas de letras, diferencias, sudokus, crucigramas... para todo o mundo, de diferentes temas e de diversas dificultades, atrevédevos) https://www.epasatiempos.es/

- Por outra banda, volvo deixarvos por aquí a páxina que deixei o outro día que tanto me gustou: https://yojuegoencasa.es/ Recordade que rexistrarse nesta páxina é gratuito, e que o teñen que facer as vosas familias, pero prométovos que merece moitísimo a pena. Aquí poderedes atopar xogos para facer na casa, pero non falo de xogos en internet nin de xogos tradicionais que todos xa coñecemos, son xogos suuuuuper divertidos para amenizar os días que podedes facer sós ou acompañados e que estou segura de que vos van encantar! Confiade na profe, e contádeme porfa no meu correo se facedes algún, incluso podedes mandarme fotos ou vídeos, sabedes que me chiflan!

- E por último, pero non menos importante, soamente para os máis ATREVIDOS, e se tedes unha tablet ou móbil na que facelo, recoméndovos descargar a aplicación "Scratch Jr". Nesta aplicación poderedes empezar proxectos de programación a través dunha linguaxe de videoxogos. A que mola? Cando volvamos ao cole, faremos cousiñas destas na clase, prometido! Pero mentres, podedes investigar vós un pouquiño. Aquí vos deixo a súa páxina web, por se queredes investigar como funciona https://sites.google.com/site/xogodecodigos/scratch-jr/tarxetas e un par de documentos guía para axudarvos a entender a aplicación Tarxetas Scratch e Caderno Scratch

     E, por suposto, non olvidedes os xogos de mesa, os debuxos, a lectura, os xogos cos irmáns e a familia, facer deporte, escoitar música, sair cada día a aplaudir ás oito, e todas as cousas que queirades a maiores. Sabedes que estarei encantada de que me escribades e contedes todo o que facedes,  Se alguén quere algunha idea máis, non vos olvidedes de revisar todas as entradas de pasatempos e xogos anteriores, que de seguro atoparedes algunha idea que se axusta ao que buscades. Se queredes algunha idea específica, podedes escribirme e intentarei axudarvos. 

     Xa para rematar, se vedes que hai algún enlace mal colocado (que pode pasar, porque son moitos e podo liarme fácilmente, sabedes que a profe tamén se equivoca) dicídemo para que o poida corrixir. Que teñades moi boa finde meus pitufiños. E moitas gracias e noraboa polo traballo desta semana! Ata o luns! Bicos e abrazos para todos. AH! E RECORDADE CAMBIAR A HORA ESTA FINDE SEMANA! Teremos unha horiña máis de luz a partires da próxima semana.



Comentarios