Estamos en corentena

     Boas tardes! Facía moito tempo que non subíamos unha entrada por aquí, pero intentarei poñer un pouquiño ao día este blogue durante estes días, que ben sabedes que fotos saco dabondo!

     Como xa sabedes, por culpa do coronavirus, canceláronse as clases durante 15 días, con efecto dende mañá, luns 16 de marzo. Isto quere dicir que esta semana e a que ven non estaremos no cole, pero como xa falamos, é necesario traballar igual. E como vamos a funcionar? Pois vos explico. 

     O máis recomendable para non perder o ritmo de traballo é manter un horario, que ademais nos vai axudar a facer máis levadeira esta tempada. Por iso, cada día, a primeira hora (ás nove, que sería a primeira hora no cole) publicarei a tarefa que imos facer. As tarefas de cada día corresponderán de forma aproximada ao horario establecido para a nosa clase. 

     As actividades que mande por aquí, segundo palabras da consellería, non son avaliables, polo que, polo menos de momento, non imos adiantar materia, soamente facer exercicios de repaso. Para facelas, podedes utilizar as libretas habituais da aula (poñendo coma sempre a data e facendo os exercicios que toquen), pero se non as tedes, ou as que non teñades, podedes sustituilas por outra libreta calquera ou incluso folios grampados: sabemos que é unha situación excepcional. Non vos preocupedes polos libros, non serán necesarios. 

      Se algúen quere facer algunha actividade extra, a maiores das que mande, pode buscar por internet cousas semellantes ás que traballaremos e facelas na mesma libreta sen ningún problema. 

     Para poder facer un seguimento destas actividades, habilitei unha dirección de correo electrónico especial. Aquí poderedes mandar dúbidas, contarme como estades, ou para o que necesitedes, incluso se simplemente precisades falar un pouco coa profe, tamén vale!! Ademais, gustaríame, se é posible, que algún familiar voso me escriba cada dous ou tres días para contarme como estades a traballar, como levades as tarefas, como levades a corentena... O correo é o seguinte (por favor, utilizade este correo e non o persoal, grazas):

 tercero.viladerutis@gmail.com


      E xa para rematar esta explicación, comentarvos que na seguinte entrada, antes de comezar coas actividades diarias, deixareivos unha listaxe de cousiñas que podemos facer para non aburrirnos e pasar o tempo. Espero que vos axude e vos dea ideas. Un bico moi grande, e ánimo. 

Resultado de imagen de arcoiris




Comentarios