Os xogos de FABIÁN

     Ola bichiños!! Como estades? Hoxe vos traio unha SORPRESA, e é que estiven falando co voso compi Fabián a través do correo e me contou todo o que estivo facendo estes días: unhas cousas super divertidas. Puxémonos dacordo e decidimos compartilo convosco, espero que vos guste!!

     Se os demais tamén queredes compartir cos vosos compis algunha actividade: manualidades, xogos especiais ou calquera cousa diferente que esteades facendo estes días na casa, xa sexa sós, coas vosas familias ou cos irmáns quen os teña, contádemo polo correo (tercero.viladerutis@gmail.com) e mandádeme fotos e explicacións para poder compartilo no blogue. Así todos poderán ver as cousas chulas que estades a facer e deste modo podemos seguir en contacto durante estes días que non imos ter tarefas do cole. SE O COMPARTIMOS SERÁ MOITO MÁIS DIVERTIDO :)


     Os xogos que nos ensina Fabián a telaraña e a radio ecoloxista, e nos manda tamén algunhas fotos para que vexamos como o está facendo.  Ademais, tamén nos conta que estes días están facendo acampada no salón para durmir, en sacos e todo! Super divertido! E que onte cociñaron galletas de mantequilla riquísimas. Ademais Fabi ten moita sorte, porque o fai todo acompañado da súa irmá maior. Moitas grazas por compartir todo isto con nós Fabi!



    


     Encantaríame que fixerades isto todos vós, ou a maioría, e podamos entre todos compartir actividades chulas que esteamos a facer para que podamos pasalo ben todos xuntos. Así será como si estivéramos na clase contándonos o que facemos a fin de semana, como facemos os luns, recordades? Un bico moi grande a todos, e de novo moitas grazas FABI!!

Comentarios

  1. Hola Fabian, ¿ lo estas pasando bien mientras estamos en la cuarentena? yo ya estoy deseando volver al cole y jugar en el parque.
    De parte de Esaw.



    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Esaw .Tú que tal estas? yo tengo ganas de verte y de ir al parque.Un abrazo.Que te vaya bien.

      Eliminar

Publicar un comentario