Luns, 16 de marzo

     Bos días de luns! Como estades chicos e chicas? Espero que a finde semana non fose moi dura en corentena. Hoxe comeza a primeira semana enteira da corentena, e seguro que estades tan inquedos e nerviosos coma mín. Isto é novo para todos. 

     Hoxe, como é luns, empezamos co noso horario de todos os luns: a primeira hora tiñamos matemáticas, despois lingua galega, a terceira lingua castelán, e despois do recreo e da hora de ler, inglés e rematamos con ciencias sociais. De todas formas, tede en conta que non é necesario que fagades as tarefas nesta orde. Cóntovos a tarefas específicas de cada asignatura: 

-  Matemáticas: imos repasar as capacidades. Buscade por casa 10 envases de diferentes capacidades (litros, centilitros, mililitros...) e apuntade as cantidades na libreta. Despois pasade esas cantidades todas a mililitros, e ordenádeas de maior a menor. É unha tarefa moi fácil, que sodes expertos xa!

- Lingua Castelá: facede un esquema (como os que facemos en clase de ciencias) sobre os determinantes que xa coñecedes, escribindo tamén cales son. Volo recordo por se as cabezas xa están dispersas (artigos, demostrativos, posesivos e numerais). É moi importante para repasar!

- Lingua Galega: escribe dez oracións nas que utilices os determinantes. Despois, sublíña os determinantes de cor vermello e os nomes aos que acompañan de cor azul. Este exercicio xa o fixemos máis veces na clase, así que é fácil. Utilizade todos os tipos de determinantes!

- Inglés: o día 17 celébrase o día de San Patricio. Como tarefa para estes días debedes elaborar un traballo investigando sobre algúns dos seguintes aspectos, os que máis vos apeteza: quen foi San Patricio, facer unha breve biografía, por qué se lle adica ese día e onde se celebra, cal é a historia do "Leprechaun", cales son os símbolos máis destacados e por qué (trébo, arpa...) ... e se queredes engadir algo máis, adiante. Ademais, debedes acompañalo dalgún debuxo. Para facer esta tarefa, debedes buscar información por internet, e a maiores a profe Nati deume este vídeo para axudarvos:   https://youtu.be/gBhG-7pj43E (copia e pega o enlace en google). Podedes facelo en cartoliña ou folios, e utilizando todos os materiais que teñades para que sexa bonito. Tede en conta que é un traballo para facer en cinco días (luns 16, martes 17, luns 23, martes 24 e xoves 26, que son os días que teríamos inglés) así que reparte as tarefas entre eses días. O traballo podedes facelo en castelán, e incluir o que queirades en inglés. 

- Ciencias Sociais: o último que demos foi a hidrosfera e a atmosfera, así que imos facer un traballo sobre a contaminación desas capas. Para hoxe, investiga qué é a contaminación da atmosfera, e que cousas son as máis contaminantes do aire, e apúntao na libreta. Con isto será suficiente para comezar.

     Ánimo coas tarefas, e recordade que podedes consultarme as dúbidas importantes ou comentarme o que precisedes no correo: tercero.viladerutis@gmail.com
Resultado de imagen de arco iris









Comentarios