Luns, 23 de marzo

      Bos días! Víchedes que rápido pasa o tempo? Xa levamos unha semana enteira, e xa estamos case a finais de marzo. Esa é a parte positiva, pero aínda que probablemente xa a sabedes, tamén teño unha noticia un pouco mala: imos estar un tempo máis sen poder vernos. 

     Como comeza unha nova semana, comezamos co horario do luns. Pero antes me gustaría contarvos que a partir de hoxe, nos canais oficiais da RTVE haberá uns programas educativos moi interesantes para vós. Todos os días, pola mañá, dende as nove ata as doce, podedes velo e repasar contidos, cada día dunha materia diferente, en CLAN TVE. E repasamos o horario de hoxe: matemáticas, lingua galega, lingua castelá, inglés e ciencias sociais.

- Matemáticas: imos facer unha actividade parecida á que realizamos o luns pasado coas capacidades, pero neste caso con masas. É dicir: busca por cada 10 envases que escriban a masa que conteñen (lentellas, garabanzos, macarróns, azucre...) e anota as medidas que poñan. Despois, pasa esas cantidades a MILIGRAMOS (coidado, non a gramos), e ordena todas esas cantidades. Por último, reflexiona: que diferencias atopas coas medidas de capacidade? Cal te resultou máis fácil?

- Lingua galega: pincha no seguinte enlace para ler o texto e responde ás preguntas que veñen no documento. Exercicio de lingua galega

- Lingua castelá: xoga ao seguinte xogo sobre diminutivos e aumentativos. Só poderás xogar unha vez, así que ánimo, e apunta a túa puntuación para poder comparala cos teus compis. Le ben as preguntas, que é moi fácil. https://www.testeando.es/Diminutivos-y-aumentativos-izjlpkaf

- Inglés: continuade co traballo de San Patricio, xa sabedes que tedes que rematarlo, como moi tarde, este xoves, así que tedes hoxe, mañá, e o propio xoves para facelo. 

- Sociais: continuamos co traballo de investigacións. O luns pasado investigamos sobre qué cousas contaminaban a atmosfera, e hoxe imos investigar sobre qué é a contaminación da hidrosfera e qué cousas a contaminan máis. Apunta esta información xunto coa do luns pasado para seguir o traballo. 

     E recordade escribirme ao correo electrónico: tercero.viladerutis@gmail.com (porfiporfiporfi) contándome as vosas dúbidas, problemas ou ocorrencias que queirades. Un bico moi grande chicos, e moito ánimo!!
Resultado de imagen de arcoiris

Comentarios