Luns, 30 de marzo

     Bos días meus pitufitos!! Como estades? Espero que a finde non se vos fixera demasiado longa, que sei que estar sen facer cousas tamén é un pouco aburrido. Hoxe empezamos unha nova semana, e como veces xa estamos rematando o mes de marzo, incrible verdade? Ademais de empezar xa a TERCEIRA semana de corentena... oxalá non dure moitas máis.

     Hoxe, como novidade, imos empezar a dar materia nova en case todas as asignaturas. Imos ir pouco a pouco, e intentaréivolo poñer o máis fácil posible e con explicacións para que non vos perdades. E, como sempre, pero agora máis que nunca, se tedes dúbidas ou precisades calquera cousa, de verdade quero que me contactedes ao correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com Como sabedes, eu sempre intentarei axudarvos como poda, e seguro que entre todos o conseguimos.

    E sen máis preámbulos empezamos introducindo, coma sempre, o horario de cada luns, como hoxe. Empezamos con matemáticas (que xa sabedes que xa temos comezado algunha cousa nova, aínda que moi faciliña, verdade?), lingua castelá, lingua galega, e despois do recreo e da hora de ler, inglés e ciencias sociais. Empezamos!!

- Matemáticas: en matemáticas imos seguir descubrindo un pouquiño iso dos ángulos. Ata o momento o levamos ben? Recordade escribirme se tedes dúbidas. Nos próximos días faremos algúns xogos sobre esto, pero primeiro temos que telo claro e entedelo ben. Tipos de ángulos

- Lingua castelá: para a actividade de hoxe de lingua castelá necesitaremos unha revista, xornal, folleto... o que teñades pola casa. Tedes que buscar nela nomes acompañados de ADXECTIVOS (acordádevos que os adxectivos eran palabras que dicían cousas sobre como era ou estaba o nome: bonita, fresca, grande, pequena, azul, redonda...). Tedes que recortar CINCO parellas de palabras (nome e adxectivo), pegalo nunha folla, rodear o adxectivo, e escribir ao lado en qué xénero e número están (masculino ou feminino, singular ou plural, acordádevos? Teñen que estar as dúas no mesmo xénero. Non podemos dicir mesa pequeno, verdade?) Veña, que esta é moi fácil, e divertida.

- Lingua galega: imos facer un xogo. Hoxe toca dar as palabras que se escriben con g, e para iso creei unha ruleta de palabras! Aquí vos deixo o enlace para que xoguedes, quero saber os vosos resultados! Son todas palabras que demos na clase ou deberíades de saber, e TODAS conteñen a letra g. Pensade, que podedes facelo moi ben! Sorte!! (Recordade: SON EN GALEGO!!) Xogo de palabras

- Inglés: como sabedes, o traballo de San Patricio xa debería estar rematado. Gardádeos ben para a volta, e pasádeme fotos para que vexa o chulos que quedaron! Hoxe empezaredes materia nova en inglés. Recórdovos que para acceder aos vosos libros tedes que ir ao seguinte enlace: http://www.tiger.macmillan.es/ e poñer como usuario TODOSALDRABIEN e como contrasinal MEQUEDOENCASA. Cando estedes dentro, tedes que premer en "Tiger Team 3", e ahí teredes os recursos do voso curso. Para hoxe, tedes que ir a PUPIL'S BOOK, buscar a UNIT 5 (Things we do every day) e facer a páxina 37 SOAMENTE A PARTE DE VOCABULARIO. Ademais, tedes que ir a VOCAB APP (onde están todos os recursos) e facer o PICTURE DICTIONARY. Probablemente sexa a vosa primeira vez con esta app, así que se tedes algunha dúbida ou non dades entrado ou comprendido como funciona, dicídemo e intento axudarvos por correo ou, se é preciso, por chamada telefónica. 

- Ciencias sociais: imos rematar o traballo sobre a contaminación. Buscade hoxe qué maneiras tedes vós de reducir a contaminación da auga, e apuntádeo no mesmo sitio onde apuntáchedes as formas de reducir a contaminación do aire. Acordádevos de telo todo xunto, mañá empezaremos a tarefa final.

     E ata aquí o traballo de hoxe, non vos agobiedes, que aínda queda tempo, e sabedes ben que a semana que ven non teredes traballo, así que se vos queda algo pendente, teredes todo ese tempo para poñervos ao día. Un bico moi grande chicos, seguide así!

colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios

Publicar un comentario