Martes, 17 de marzo

Bos días!! Xa estamos en pé e listos para traballar? Veña, que cada día que pasa é un día menos para rematar esta corentena. Vos recordo que calquera cousa que queirades comentarme, falar comigo, dúbidas ou simplemente para pasar un pouco o tempo e falar coa profe, porque no fondo sei que nos imos botar moito de menos, podedes escribirme a: tercero.viladerutis@gmail.com

Imos co traballo. Para hoxe, de novo seguiremos o horario habitual, e nos toca: a primeira hora matemáticas, a segunda hora temos valores/relixión, a terceira inglés, e despois do recreo e da hora de ler remataremos con lingua galega e ciencias naturais. Imos aló!

-  Matemáticas: hoxe toca facer unha ficha de problemas. Recordade facelos como os facemos na clase. Podedes copiar os problemas na libreta (neste caso si habería que copialos) ou imprimir e pegar a folla na libreta. Moito ánimo!! Problemas matemáticas

- Relixión: para os nenos e nenas que teñan relixión, a profe ten un blogue propio ao que podedes acceder dende a páxina do cole, este é o link: https://relinovila.blogspot.com/ (copiade e pegade en google). Buscade alí as tarefas que teña preparadas para terceiro. 

- Valores: respecto aos que tedes valores, seguramente xa vos díchedes de conta de que estes días, sobre as 20:00 - 22:00 (a hora foi diferente), houbo moito ruido nas rúas: aplausos, coches pitando, xente animando polas ventás... Sabedes por qué se fai isto? Investigádeo e escribide nun papel en qué consiste esta "celebración", por qué se fai, que outras formas se che ocorren de celebralo e a quen lle darías ti as grazas polo seu traballo, tan importante, durante esta corentena. Acompaña este traballo dun debuxo. 

- Inglés: continuade co traballo sobre San Patricio. Se non recordades ben como era o traballo, podedes acceder a él na entrada do luns, 16 de marzo (é dicir, na de onte). 

- Lingua galega e ciencias naturais: hoxe imos xuntar as dúas materias, e agora verás por qué. En ciencias naturais, tes que facer o seguinte experimento: https://www.youtube.com/watch?v=hvk6IEEiScA. Escribe nun folio, en galego, as instruccións (paso a paso) que tes que seguir para facelo e fai un debuxo debaixo para ensinar o que pasa. Despois, reflexiona: por qué podemos relacionar este experimento coa nosa saúde? Que significa?

E ata aquí as tarefas do martes. Xa sabedes, calquera dúbida ou cousa na que vos poida axudar, ou aínda que sexa para contarme como o levades e se estades facendo as tarefas, podedes escribirme a: tercero.viladerutis@gmail.com

Un bico moi grande, e moito ánimo.

Resultado de imagen de dibujo arco iris

Comentarios