Martes, 24 de marzo

     Bos días de novo chicos! Preparados para o segundo día da semana? Espero que sí, e espero que o traballo de onte fora fácil, que seguro que si, estades todos máis que preparados. Hoxe tócannos as seguintes asignaturas: matemáticas, valores ou relixión, inglés, lingua castelá e ciencias naturais. Recordade que podedes escribirme calquera dúbida ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com
Espero todas as vosas mensaxes, pero imos coa tarefa para hoxe. 

- Matemáticas: hoxe en matemáticas imos empezar unha cousiña nova. Para iso, preme no enlace a continuación para ir a un documento, que podes imprimir ou copiar ti na libreta, sobre o principio da xeometría. Le ben a primeira páxina e despois fai os tres sinxelos exercicios que se plantexan. Exercicios de mates

- Valores: para os nenos que teñan valores, mirade o seguinte corto e fai un debuxo libre sobre el. Non o perdas de vista porque o próximo día de valores volveremos traballar un pouquiño con el. https://www.youtube.com/watch?v=7DmLkugdh9s

- Relixión: os nenos que tedes valores, recordade que tedes que ir ao blogue da profe de relixión, ao que podedes chegar dende a páxina web do cole (a tedes la columna da dereita do noso blogue) e alí teredes as tarefas que tedes que facer de relixión. 

- Inglés: continuade co traballo de San Patricio, que tan só quedan xa dous días para facelo. Recordade que tedes que poñer todo o que encontredes de forma bonita nunha cartolina ou folio, decorado como mellor saibades, quero ver que artistas estades feitos. A explicación da tarefa está na entrada do luns pasado, acordádevos.

- Lingua castelá: hoxe en lingua castelá imos facer un ditado. Entra no seguinte enlace para facer o ditado, e segue os pasos que te indica o chico que fala. Recordar correxilo ao final, con cor vermello, e apuntar cantos erros tes en total. https://www.youtube.com/watch?v=Jow5NEAogck

- Ciencias naturais: para rematar, hoxe en ciencias naturais imos aprender un pouquiño máis sobre esta "pandemia" que está ocorrendo no mundo e que nos ten a todos paralizados. Busca información e apunta na libreta ou nun folio qué significa pandemia, por qué o coronavirus é unha pandemia, e qué síntomas provoca o COVID-19. Escribe os tres síntomas principais da enfermidade e fai debaixo de cada un un debuxo para representalo. 

     E ata aquí as tarefas para este martes, recordade escribirme moito moito ao meu correo, e se queredes verme un pouquiño podedes ir á entrada de onte, domingo, que vos deixei unha sorpresa. Un bico moi grande e moito ánimo chicos, pronto volverá todo á normalidade!


Resultado de imagen de arcoiris

Comentarios