Martes, 31 de marzo

     Boas días pitufos!!! Hoxe rematamos marzo e mañá comeza o mes de abril. Xa temos a hora cambiada, e a partires de hoxe empezamos a conta atrás cara o verán. Aínda que eu prefiro a conta atrás para volver ao cole, verdade? Que agora xa estamos cansos de estar tanto tempo na casa. A verdade é que sodes uns campións!

     Imos aló, como cada día, empezando por recordar o horario da mañá: empezamos con un pouquiño de matemáticas, continuamos con valores e relixión (cada un coa asinatura que teña), despois temos inglés, e xa despois do recreo e da hora de ler continuamos con lingua castelá e por último ciencias naturiais. Empezamos coas tarefas:

- Matemáticas: empezamos practicando os tipos de ángulos, que aprendemos onte, recordades? Pois tedes que entrar nas seguintes páxinas: primeiro xogo e segunda páxina de xogos. Fai todos os xogos que hai nestas páxinas, sorte! Espero que vos vaian moi moi ben.

- Valores: acordádevos da curta que víchedes o outro día? Pois gustaríame escribísedes un texto pequeniño explicando os sentimentos (recordades os que dimos no primeiro trimestre?) que ten un dos personaxes principais ao longo da historia. Elixe entre a cegoña ou a nube, e explica qué sentimentos ten ao longo da historia e por qué pensas que os ten. Acompaña ese texto dun debuxo.

- Relixión: accedede ao blogue de relixión https://relinovila.blogspot.com/ e buscade as tarefas que correspondan ao voso curso (se pon TODOS tamén é para vós).

- Inglés: continuamos coas tarefas do libro. Recordade que tedes que entrar na páxina de https://tiger.macmillan.es/products.html (usuario e contrasinal de sempre).  Hoxe tedes que ir a ACTIVITY BOOK, UNIT 5, e na páxina 37 facer o exercicio 1. Ademais, na VOCAB APP facer o WORD MAZE. Moito ánimo que son actividades moi fáciles! E coma sempre, se tes algún tipo de problema para acceder, pregúntame e intento axudarte.

- Lingua castelá: para traballar en lingua castelá, imos volver facer algún exercicio de ortografía de g e j (como en lingua galega onte). Hoxe vos propoño facer este xogo: pulsa aquí. Nel tedes que arrastrar a g ou a j á palabra que corresponda. Tedes que copiar as frases por escrito na libreta! E coidado coas maiúsculas e as minúsculas!

- Ciencias naturais: hoxe empezamos tema novo, imos dar o tema das máquinas. Para empezar vos propoño que busquedes en internet as respostas ás seguintes preguntas, e copiedes a pregunta e a resposta nunha folla: que é unha máquina? para qué serve unha máquina? qué precisa unha máquina para funcionar? Soamente iso, por hoxe é suficiente.

     E ata aquí os traballos do martes, e xa case estamos de novo a mediados da semana. Vedes que rápido está a pasar o tempo? Xa queda un día menos para que volvamos a vernos, espero que chegue pronto ese día! Un bico moi grande para vós e moito ánimo para as familias!

colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios