Mércores, 18 de marzo

     Bos días de novo! Aquí estamos, no terceiro día de telecole. Como o levades? Eu estouvos a botar moito de menos, espero que vós a mín tamén, aínda que só sexa un pouco. Como xa levamos tres días, gustaríame saber un pouquiño de vós, escribídeme a tercero.viladerutis@gmail.com e contádeme: cómo estades, como levades a corentena, se vos aburrides moito, que cousas estades a facer no voso tempo libre, como levades as tarefas, se estades traballando moito, se vos resulta moi difícil, se botades de menos o cole, os compis e os profes... O que queirades! Gustaríame moito saber de todos vós. Non ten que ser necesariamente por escrito, audios, vídeos, calquera cousa me vale.

     Hoxe é un día especial, xa que ademais de ser mércores, mañá é o día do pai, e como xa sabedes no cole facíamos ponte. Polo tanto, hoxe será o último día que teñamos tarefa do cole esta semana. E que facemos o que resta de semana? Aínda quedan moitos días por diante, así que na entrada de pasatempos que vos suba hoxe, ademais dalgún xogo, subirei tamén algunhas ideas especiais para facer durante todos estes días libres. Moito ánimo, e aínda que non haxa cole, podedes seguir falando comigo por correo electrónico, así farase máis fácil para todos.

     E agora, como todos os días, cóntovos o horario de hoxe: empezamos con matemáticas, seguimos con lingua castelá, despois lingua galega, e despois do recreo e da hora de ler teremos educación física e plástica. Preparados? Imos aló.

- Matemáticas: hoxe tócanos traballar un pouco nas operacións, que ás veces parece que as temos un pouco olvidadiñas. No seguinte documento teredes algunhas operacións variadas, tedes que facelas. Para iso, podedes copialas nas vosas libretas e facelas ahí, o imprimir a folla e pegala na libreta, facendo as operacións nelas. Se copiades as operacións: COIDADO coa posición dos números!! Pincha a continuación para acceder ao documento: Operacións

- Lingua castelá: en lingua castelá tócanos facer unha lectura. Imos facer a seguinte lectura: https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/gallina Ahí tedes unha historia que debedes de ler, para despois facer uns exercicios. Cando rematedes o conto, debaixo pon "Pon a prueba tu comprensión lectora con este juego", debedes pulsar en "jugar". Cando abra a páxina, tedes que esperar uns segundos e na esquina de debaixo do recadro haberá unha opción que porá "Skip ad", terás que premer ahí para que acabe o anuncio, non lle des antes (pide axuda a un adulto se non sabes facelo). Os xogos de comprensión, ademais de facelos no ordenador, copiádeos tamén na libreta (copiando as preguntas, todas as respostas, e marcando as respostas correctas). 

- Lingua galega: pincha no enlace a continuación e segue as instruccións que se indican para facer a tarefa dentro do documento. Trátase dun pasatempos para repasar os vocabularios dos machos e femias dos animais. Espero que o pasedes ben, a ver se os recordamos todos! Coma sempre, podedes copialo na vosa libreta ou imprimir o documento e facelo nesa folla: Pasatempos

- Educación física: o profe David deixoume unhas tarefas para vós! Non creades que vos ides de librar de educación física por estar en corentena! Tedes que pinchar a continuación para saber o que nos manda facer o profe. Ánimo chicos! Traballo de David

- Plástica: para rematar, como mañá é o día do pai, imos "celebralo" da mellor maneira posible. Tedes que facerlle algún regalo feito coas vosas mans. Pode ser unha manualidade (preferiblemente con materiais de refugallo ou de reciclaxe) ou un debuxo bonito, o que máis vos guste. Gustaríame poder ver todas as vosas creacións, podedes mandarme fotos ao correo. Seguro que son super chulas!

     Moitas grazas polo voso traballo durante esta semana. Moito ánimo, porque aínda nos queda bastante tempo sen saír da casa, pero sei que podedes facelo. Recordade que podedes escribirme calquera das vosas dúbidas, e espero que todo vaia xenial. O luns volvemos ás tarefas!! Un bico grande!


Resultado de imagen de dibujo arco iris

Comentarios