Mércores, 25 de marzo

     Boas de novo! Xa estamos por aquí ben temprano pola mañá, listos para traballar. Hoxe, como é mércores, tócanos un horario bastante chulo, verdade? Vóuvolo recordar por se xa non o lembrades: a primeira hora matemáticas, despois lingua galega, a terceira hora lingua castelá, e xa despois do recreo teríamos educación física e plástica a última hora. 

     Espero que, aínda que polo blogue non estou a poñer a hora de ler, vos estedes lendo un pouquiño cada día. Que libros estades a ler? Acabáchedes xa algún? Gustouvos? Contádeme todas estas cousas polo correo chicos!! Léovos. E agora, sen máis dilación, empezamos as tarefas:

- Matemáticas: pincha no seguinte enlace para ir á tarefa de matemáticas. É moi fácil, aínda que sexa materia nova, polo que non vos preocupedes que non deberíades ter problema. Adiante! Se tedes algún problema, non dubidedes en preguntarme! Empezamos cos ángulos

- Lingua galega: Hoxe, para lingua galega, imos facer uns xogos de repaso da escritura de CE-CI, que é moi faciliño e sei que o sabedes de sobra. Pinchade neste enlace e ide facendo os xogos. Ánimo! http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a1/ortografi_a.html 

- Lingua castelá: para traballar lingua castelá, imos facer algo moi sinxelo e rápido. Tes que escribir na libreta cinco oracións nas que utilices diferentes tipos de determinantes, subliñalos de cor vermello, e escribir que tipo de determinante son cada un. Recorda utilizar varios tipos, que xa coñecemos moitos!

- Educación física: temos unha nova tarefa do profe David. Neste caso é un reto especial, sobre equilibrios con diferentes obxectos. Veña, atrevédevos!! Pincha aquí: traballo educación física

- Plástica: hoxe imos facer un debuxo diferente. Necesitarás un folio, cinta de carroceiro ou washi tape (vale tamén algún tipo de celo que se despegue fácil) e un folio ou un cartón. Coloca trozos de cinta que vaian dende un extremo ao outro do folio ou do cartón, en moitas direccións e cruzándose uns cos outros. Cando teñas as cintas, colorea cada trozo de cartón de diferentes cores, con rotuladores ou con témperas. Unha vez rematado o debuxo, despega as cintas, e velaí tes a túa obra de arte. E agora: ensínasme o resultado? Encantaríame velo. Déixovos un exemplo para que o vexades máis fácil: https://www.youtube.com/watch?v=PIprvGJYrYk

 Recorda mandarme calquera cousiña ou dúbida que teñas ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com. Un bico moi moi grande, e moita forza que xa estamos a mediados da segunda semana, veredes que isto pasará moito antes do que pensamos. Ánimo familias!

Resultado de imagen de arcoiris

Comentarios