Os pasatempos do martes + aviso importante

      Boas !! Que tal as tarefas de hoxe? Non era moito traballo, a que non? Seguro que moi ben, ou iso espero. E chegou o momento dos xogos e dos momentos máis divertidos. E hoxe traio algunhas propostas para facer pola tarde, como fixen onte. 

     Aproveito de paso para facer un aviso importante: se alguén precisa que, a maiores do contacto por correo, realice algunha chamada telefónica, estou á vosa disposición. Simplemente podedes poñervos en contacto comigo e eu chamarei o antes posible. É probable que a partires da próxima semana comece a facer chamadas a todas as familias coa fin de poder aumentar o contacto, limitado, que temos nestes momentos. Se alguén ten algún horario específico no que pode atender chamadas, con vistas á próxima semana, que mo comunique por favor. Ademais, gustaríame comentarvos que a chamada será realizada, con toda probabilidade, dende un número de teléfono "privado" por seguridade e confidencialidade, espero a vosa comprensión. Moitas grazas por todo!

     Aínda así, tede en conta que sigo estando dispoñible para calquera cuestión a través do correo electrónico: tercero.viladerutis@gmail.com, e que agradezo as vosas mensaxes informando de todo o que respecta aos nenos e nenas da clase, e farei todo o que poda para axudarvos. Moitas grazas, e aquí levades algunhas cousas para facer hoxe divertidas:

     Para hoxe, o segundo día, vos propoño facer algunha receita rica (sempre acompañados dun adulto que nos axude) para merendar: unhas galletas, un biscoito... aquí tedes algunhas ideas, pero podedes buscar vós moitas máis: https://www.pequerecetas.com/receta/como-hacer-galletas-caseras-para-ninos/ (para facer as galletas), e aquí tedes moitísimas receitas diferentes de biscoitos de diferentes sabores https://www.guiainfantil.com/recetas/postres-y-dulces/bizcochos-y-magdalenas/recetas-de-bizcochos-caseros-para-ninos/ Contádeme se facedes algunha!

    Ademais, vos propoño esta páxina para xogar por internet ao aforcado! Sei que xa sodes uns expertos nel, pero sempre é divertido xogar. Tamén é un xogo que podemos facer cos irmáns ou cos nosos pais e nais. A pasalo moi ben! E recordade, hai que ler un pouquiño cada día! Moitos bicos! https://www.epasatiempos.es/juego-ahorcado.php



Comentarios