Os xogos de DANIELA

     Boas de novo chicos! Xa case rematamos a semana, e o estades facendo estupendamente ben. Xa soamente quedan as tarefas do venres, polo que a por todas, vós podedes!! Hoxe vos traio outras sorpresa, e é que a compañeira Daniela tamén quixo colaborar na elaboración do blogue e pasoume un montón de actividades que está a facer na casa. Ademais, ela tamén ten a sorte de ter á súa irmá pequena, Alba, que de seguro todos coñecedes xa tamén, e fan un mogollón de cousas xuntas!

      Aquí vos traio unha selección de todas as cousas que me ensinou que fai na casa. Espero que vos guste. Dani, como seguro que todos, ou iso espero, está traballando todos os días, e facendo todas as tarefas, pero ademais nesta corentena tamén hai tempo para facer un montón de cousas a maiores. Estas son algunhas das vosas propostas: se vos animades a facer algo disto, podedes dicilo, e así tamén compartimos as nosas actividades. Ou contarme a mí en: tercero.viladerutis@gmail.com

     A Daniela, como xa sabedes, gústanlle moito as manualidades. Esta é unha das que estivo facendo coa súa irmá: un debuxo coloreado cos restas de afilar as ceras de cores. Moi orixinal!


     Outra das cousas que está a facer Daniela na súa casa é moito exercicio! E a mín iso encántame, porque sabedes que é moi importante manterse en forma, que ao non saír da casa e non ir ao cole, onde xogamos e nos movemos moito, hai que moverse! Ela decántase polo zumba!!

     Ademais, Daniela tamén está cociñando moito coa súa familia e a súa irmá. Xa sabedes que a Dani lle gusta moito facer biscoitos e galletas, a que si? E tamén ten un hortiño no que está plantando, entre outras cousas, lentellas. Super divertido, e aínda por encima fomenta a responsabilidade, xa que ela ten que coidar das súas plantiñas para que vaian para arriba. Aquí tedes algunhas mostras!




     E ata aquí as ideas de Daniela, espero que vos gusten moito, igual que me encanta a min recibir todas estas ideas, actividades e cousas que facedes na casa. Seguide mandándome moitas cousas porque me fai moita moita ilusión poder falar connvosco, aínda que sexa por correo e un pouquiño. E moito ánimo que xa queda menos!! Moitas gracias a Daniela e á súa familia por pasarme todo o que fan na casa, e por deixarme compartilo cos compis. Un bico moi grande para todos pitufos!!

Comentarios

  1. hola soy Nerea 'ME A GUSTADO LO QUE HAS HECHO Y SALES MUY GUAPA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Nerea ,te echo muchísimo de menos, estoy deseando que esto termine para poder jugar juntas y reírnos mucho.
      Un beso enorme, cuidaros.

      Eliminar

Publicar un comentario