Os xogos do mércores (colabora mamá de Fabián)

    Boas de novo chicos! Como foron eses exercicios? Non eran moi difíciles, verdade? Pois agora, para pasar a tarde, tráiovos unhas páxinas que penso que serán moi divertidos para vós. 

    Pero antes, gustaríame saber, fixéchedes algún xogo dos que vos dixen onte? Aínda non? Pois non dubidedes en facelo porque son moi divertidos e de verdade que merecen a pena. Espero que me contedes todo o que fagades no meu correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com 

    As recomendacións de hoxe son en colaboración coa mamá de Fabián, que me pasou esta páxina super interesante para facer un montón de exercicios. Nela podedes encontrar diferentes deportes como ioga, zuma, pilates... para facer cos nenos ou en familia, unhas actividades maravillosas para desfogar toda esa enerxía que temos acumulada destes días na casa. Aquí tedes o enlace, espero que o pasedes xenial con elas: proposta mamá de Fabián

    E pola miña parte, hoxe vouvos deixar algo moi especial para min, e é que para variar un pouquiño das actividades que vos mando normalmente, HOXE TOCA PELI. E non é unha peli calquera, é unha peli moi importante en España, que levou moitos premios e que, ademais de ser moi divertida, nos da unhas leccións de vida moi importante. Espero que a vexades, e que me contedes no correo todo o que pensades dela. A peli chámase "CAMPEONES": pincha aquí para ir a ver a peli

    Espero que vos gusten as recomendacións de hoxe, moi importantes en moitos sentidos, e sobreotodo me gustaría que todas as mamás ou papás que queiran colaboran, compartir algo conmigo ou coa clase, contacten conmigo a través do correo e eu publicarei todo o que me pasedes para axudarnos uns a outros. Este virus vencerémolo unidos. Un bico e un abrazo mooooi grande para os meu nenos e nenas, eles si que son uns campións que xa levan case dúas semanas así. Moita forza pitufitos!! Bótovos de menos!


Comentarios