Pasatempos de mércores

     Como foron as tarefas de hoxe chicos? Teño unha noticia que xa vos adiantaba pola mañá: hoxe foi o último día da semana con tarefas do cole. Pode que nun primeiro momento vos dea alegría, pero a verdade é que eu sei que as tarefas do cole en realidade vos veñen ben, e vos axudan a estar entretidos, porque é moito o tempo que temos dentro da casa. 

     Polo tanto, e para evitar todos eses problemas de tempo que imos ter durante estes días, vos deixo por aquí algunhas páxinas web que vos poden axudar a saber qué facer en este tempo libre. Se queredes ou precisades algunha idea nova, sempre podedes ir á entrada "Que podo facer no tempo libre?" onde vos dou ideas precisamente para iso. 

     Moitos bicos, botareivos moitos de menos estes días tamén. Por certo, aínda que non teñades tarefa específica, podedes facer algo voluntario se o considerades oportuno, ou escribirme para falar ou contarme o que precisedes sen ningún problema. Estamos todos para axudarnos: 

- Pasatempos: aquí temos unha páxina para facer pasatempos por internet. Temos moitísimos e de moitos tipos diferentes. Tamén podedes aproveitar os que veñen nos xornais, que son moi divertidos. Eu vos animo a probalos todos, pode que incluso utilicemos algún en próximas clases de matemáticas polas tarefas do blogue. https://www.epasatiempos.es/

- Museos: e diredes "profe, pero se non podemos saír de casa, como imos visitar un museo?". Pois moi fácil, xa que moitos museos habilitaron visitas virtuais para que podamos recorrelo e así coñecer todo o que teñen para ensinarnos.

 10 museos para visitar estando en casa: 

1. Pinacoteca di Brera - Milano https://pinacotecabrera.org/

2. Galleria degli Uffizi - Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani - Roma http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html

4. Museo Archeologico - Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/

5. Prado - Madrid https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

6. Louvre - Parigi https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne

7. British Museum - Londra https://www.britishmuseum.org/collection

8. Metropolitan Museum - New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage - San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

10. National Gallery of art - Washington https://www.nga.gov/index.html

- Xogos: ademais de xogos de mesa, de cartas, ou calquera xoguete que poidades ter, e puzzles, encántanme os puzzles, traio tamén unha páxina web (outra diferente) con xogos online que tamén poden ser do voso interese para pasar algo de tempo. Son xogos adaptados ao voso nivel, co que son moi adecuados: https://www.cokitos.com/3-primaria/

- Receitas: para os que lles guste cociñar, déixovos por aquí algunhas receitas boas para facer, sempre baixo a supervisión ou a axuda dun adulto. É unha forma moi boa de pasar o tempo, pasalo ben, practicar as mates (coas medidas de masa e capacidade) e probar cousas riquísimas. Ademais destas receitas, tamén podedes aproveitar e axudar coas comidas de cada día, que non se vos olvide. https://www.pequerecetas.com/recetas-ninos/

- Exercicio: que non se vos olvide facer moito exercicio! Podedes aproveitar a páxina que vos pasou o profe David para facer exercicio cada día en casa, ou incluso buscar por youtube algún vídeo de xogos ou deportes que podemos facer na casa para gastar a enerxía acumulada. Que non falten ideas!

- Variado: manualidades, experimentos, pelis... un pouco de todo podedes encontrar nesta páxina que reúne moitas ideas para facer neste período que temos que estar na casa. Espero que vos sexan moi útiles e que vos gusten moito: https://saposyprincesas.elmundo.es/

     Antes de despedirme, gustaríame comentarvos que durante estes días sen tarefas probablemente aproveite para subir algunha entrada con fotos dalgunhas das actividades que estivemos facendo nesta tempada que non teño nada subido. Se queredes, tamén podedes botar un vistazo, e así recordamos todos os momentos xuntos que vivimos este curso, que son moitos, e tamén despertamos un pouquiño a morriña. Quérovos moito!

     Acordádevos moito de mín durante estes días e estamos en contacto para todo o que necesitedes. Moito ánimo para todos vós, e verémonos pronto, seguro. Bicos moi grandes para vos, e moito ánimo familias!! Xuntos podemos con todo

Recordade poñervos en contacto conmigo para contarme como ides levando estes días porfa!

Resultado de imagen de arco iris dibujo

Comentarios