Pasatempos do luns

     Ola de novo chicos! Como foron esas tarefas de luns? Espero que ben, estou segura de que estades traballando moito, pero aínda así me gustaría que mo contárades. No meu correo estarei contentísima de que me escribades todo o que vexades: tercero.viladerutis@gmail.com

     Vouvos deixar un par de xogos para hoxe, pasatempos variados para que fagades, preferiblemente en papel, e un xogo interactivo para facer en rede moi interesante, e que avanza o que imos traballar mañá en matemáticas. Vos atrevedes? Pois imos aló. 

- Por aquí vos deixo algúns crucigramas sobre animais, seredes capaces de completalos todos? Non son difíciles, pero están moi ben para pasar un bo rato coa familia. Fíxate ben! E por certo, están en castelán! Crucigramas

- Para os que lles encantan as mates, que sei que hai uns cantos, e tamén para os que queren algún reto para a súa cabeza, vouvos introducir nos sudokus. Un sudoku é un tipo de pasatempos no que hai que escribir un número en cada casilla, pero coidado! Non poden repetirse os números en cada fila, en cada columna nin en cada cadrado. Seredes capaces de completar estes de nivel fácil? Eu creo que si, imos darlle á cabeciña.Sudokus nivel fácil

- E por último, aquí tedes o xogo que vos dicía antes. É un laberinto moi especial! Tedes que conseguir que a boliña salga do laririnto guiándoa mediante xiros da ruleta. Para xirar a ruleta utilizade os botóns que veñen debaixo. Moito ánimo, sei que podedes. https://www.cokitos.com/laberinto-giratorio/play/

     Espero que volo pasedes moi ben, que disfrutedes e que aprendades moito. E mañá, más xogos, más tarefas, e máis diversión. Agardo as vosas mensaxes, non vos olvidedes! Un bico grande!!


Comentarios