Venres, 27 de marzo

     Bos días pitufos! Listos para rematar a semana? Esta fíxose un pouquiño máis curta, verdade. Espero que si. Hoxe imos facer xa os últimos traballos da semana, pero primeiro, como todos os días, repasamos o horario que temos: empezamos con matemáticas, a segunda hora educación física, a terceira música, e despois do recreo e da hora de ler continuamos con lingua galega e ciencias sociais. Pois imos alá!

- Matemáticas: hoxe, como é venres, e xa estamos un pouquiño máis cansos, imos facer un par de xogos a ver a quen se lle da mellor. Son xogos para practicar as táboas de multiplicar, pero ben sei que vos van gustar. O primeiro é o pacman, pero recorda pulsar en todas as táboas para practicar con todas xuntas, senón é trampa! https://www.cokitos.com/pacman-tablas-de-multiplicar/play/ e o outro é un laberinto de táboas (tedes que cambiar a táboa coa que practicar nas opcións, para completar todos os laberintos): https://www.cokitos.com/laberinto-de-multiplos-del-2-al-12/play/ Sorte!!

- Educación física: de novo, aquí vos deixo o traballo de David para estas semanas. Continuamos traballando os mesmos temas, e vos deixo por aquí o documento no seguinte enlace para que non teñades que ir buscalo cada día: Traballo de educación física

- Música: hoxe é o primeiro día que temos música!! Para saber as tarefas que tedes que facer para esta asignatura, debedes entrar no seu blogue propio, que volo deixo por aquí para que vos sexa máis fácil atopalo: https://ruteandocoamusica.blogspot.com/ (buscade a entrada onde poña o voso curso!)

- Lingua galega: tócanos continuar o traballo de onte, da comprensión lectora. Así que vai á ficha, se non a tes búscaa na entrada de onte, e remata as preguntas que che quedan por facer ata chegar ao final. Veña que xa case acabamos!!

- Ciencias sociais: e por último, pero non menos importante, continuamos co traballo de ciencias sociais. Xa sabemos cales son os axentes contaminantes do aire e da auga, e tamén as consecuencias que ten esa contaminación na nosa vida verdade? Pois agora imos investigar que cousas podemos facer nós dende as nosas casas para reducir a contaminación do aire. Recordade: apuntade toda a información xunta, porque senón vámonos liar despois para facer o produto final con toda esa información que atopáchedes.

ATENCIÓN: A profe de inglés indícame que habilitou unha páxina para que poidades acceder aos vosos libros dixitais. Debedes entrar na seguinte páxina https://tiger.macmillan.es/ e poñer como usuario TODOSALDRABIEN e como contrasinal MEQUEDOENCASA. Podedes aproveitar para repasar un pouco os contidos vistos ata agora, e a partir do luns empezaremos o tema 5. Por certo, se tedes xa os traballos feitos, ide pasándome fotos e compartiremos entre nós algúns para que podades ver os traballos dos compis. 

     E aquí remata a segunda semana de corentena, e chega a fin de semana. Xa sabemos que non podemos saír ao parque, pero recordade que na casa pódense facer cousas moi divertidas. Como no caso da finde pasada (aínda que foi máis longa) tamén hoxe vouvos deixar algunhas actividades e cousiñas divertidas para que poidades facer este finde na entrada dos pasatempos, así que atentos.

     E porfa recordade escribirme mínimo unha ou dúas veces á semana para que poida saber de vós, dos vosos traballos ou das cousas que estades a facer na casa para pasar este tempo. Encántame recibir noticias de vós, e poder falar convosco aínda que sexa só por correo. Acordádevos: tercero.viladerutis@gmail.com

     Xa queda menos para que nos volvamos a ver! Moito ánimo, moita forza, e xuntos podemos! Un bico moi moi grande e un abrazo forte da vosa profe Lorena.
Resultado de imagen de arcoiris


Comentarios