Xogos do martes (recomendado)

     Boas! Como foron as tarefas de hoxe? Espero que moi ben. Como vedes, hoxe o título cambia, porque hoxe en lugar de simples pasatempos vouvos propoñer uns xogos moi moi divertidos para facelos na casa. Son unhas ideas chulísimas que de seguro vos van a encantar e ides pasar uns tempos moi divertidos coa familia e cos materiais que temos na casa.

     Trátase da páxina web https://yojuegoencasa.es/ e, como ben di a introdución da páxina, trátase dunha iniciativa que nace da necesidade de convertir estes días de encerro, incertidume e agobio en días de diversión e xogo en familia. Son xogos moi motivadores, entretidos, que requiren movemento, e que axudarán a tódolos nenos a desbotar enerxía e pasalo moi ben.

     É algo totalmente gratuito, aínda que require de rexistro, pero de verdade que merece a pena. Alí encontraredes moitísimos vídeos de profesionais que explican diferentes xogos para facer na casa como por exemplo circuito de coches, escondite co móbil, fútbol tela ou bádminton caseiro. Como vedes, xa os propios títulos soan moi ben.

     Eu vos animo a que vos rexistredes (neste caso as familias), soamente necesitades un correo electrónico, e que fagades esta tarde algún destes xogos que de seguro vanvos encantar. O catálogo de xogos irá crecendo, xa que esta é unha iniciativa nova, por mor desta situación excepcional que estamos a vivir.

     Espero que vos encanten estas ideas, que participedes e levedes á realidade cando menos algún dos xogos que se propoñen, e que saquedes fotos ou vídeos e mas enviedes ao meu correo, que xa sabedes pero vos recordo: tercero.viladerutis@gmail.com Un bico moi grande, e moitos ánimos, xa veredes que con estes xogos todo pasa máis rápido!!

Comentarios