Boas!! Como estades meus pitufitos? Hoxe teño unha sorpresa preparada, e é que estiven eu pensando en que sempre subo tarefas, pasatempos, e de vez en cando incluso algunha entrada de algún compañeiro ou compañeira que me pasa moitas actividades moi chulas que fai na casa... pero non vos botades de menos entre vós? Eu estou case case segura de que si, e MOITO!
Así que hoxe vou estrenar unha nova "sección" no blogue: CONEXIÓN COMPAÑEIR@S. E aquí publicarei algúns vídeos, fotos, debuxos ou cousiñas que me mandedes para que os todos podamos saber un pouquiño dos demais, seguro que vos gusta a que si? E se alguén me manda moitas cousas, como Fabi ou Dani, facemos unha entrada especial e listo 😉
Espero que vos guste moito, que participedes moito, e sobre todo que vos faga tanta ilusión como a mín recibir noticias vosas, que sabedes que me encanta! Tede en conta que son cousas para toda a clase, vale? E, se queredes, tamén podedes comentar nestas entradas do blogue e respondervos uns aos outros, así tamén estades un pouco en contacto. Que vos parece a miña idea? Espero que xenial!
Hoxe, para comenzar, vos traigo algunha cousiña de Camilo, Santiago, Fabián, Daniela, Sara, Mariana, Nerea, Rubén e Raúl. Espero con moitas ganas todos os vosos debuxos, vídeos e ideas para compartir cos vosos compañeiros e compañeiras, estou segurísima de que a todos vos vai facer moitísima ilusión. E sen máis, por aquí vos deixo as fotos e vídeos dos compis!!
Santi quería compartir convosco un debuxo moi especial que fixo, gústavos? A mín parecéme que está super bonito!! Temos bastantes artistas na clase
O voso compi Camilo pásao bomba facendo puzzles. Aquí o tedes en plena faena, facendo o seu puzzle máis novo, de nada menos que 1000 pezas! Chulísimo!
Seguimos! Agora vouvos deixar por aquí o segundo programa de radio ecoloxista de Fabián, que é super interesante. Moitas grazas Fabi!
Daniela tamén ten unha actividade moi moi chula para compartir convosco, e que a mín, particularmente me encanta! Aquí vos deixo a Daniela explicándoa, e se alguén quere tamén podo subir outro día un vídeo do proceso completo. O frasco da calma. CHULÍSIMO!
Por parte de Sara, déixovos o debuxo do seu arcoiris, que ademais de ser un debuxo precioso, ten unha mensaxe moi importante e moi bonita para todos vós.
Aquí temos tamén a Mariana, que me mandou moitas fotos facendo as tarefas, como as de educación física ou o traballo de plástica da semana pasada. Aquí a tedes traballando a tope!!
Tamén Raúl me mandou fotos facendo as tarefas, especialmente as de Educación Física, que sei que vos resultou moi divertido. Aquí vos deixo a Raúl cos seus equilibrios!
Por aquí vos deixo unha foto de Nerea co seu traballo de San Patricio, que tanto esforzo e tempo lle levou e do que, estou segura, se sinte super orgullosa!! E vos manda un saúdo a todos!!
E para rematar unha foto moi moi chula que me mandou Rubén, que está a xogar moito ás cartas coa súa familia, vaise volver un crack á escoba, pero ademais gústalle facer cousas como esta:
E ata aquí a sección "Conexión compañeir@s" de hoxe. Que vos pareceu? Vos deixo escribir nos comentarios todas as mensaxes para os compis, e moitas gracias da parte da profe a todos os nenos e nenas que me mandan cousiñas para manterme ao día, e tamén ás familias, por suposto, sen vós non sería posible! Espero recibir moitos debuxos, fotos e de todo máis. AH! E para rematar unha adiviña, a ver quen é o primeiro en comentar que o saiba: de onde pensades que saquei a inspiración para o título da entrada de hoxe? Bicos para todos da vosa profe! 😘😘
Comentarios
Publicar un comentario