Conexión compañeir@s

     Boas tardes meus pitufines! Xa estamos aquí outra vez, a venres, rematada a semana, e por iso hoxe traio outra sorpresa. Como sabedes, onte, o xoves, tiñamos unha tarefa moi especial: escribir unha carta para os nosos compañeiros e compañeiras. Pensei que sería unha boa oportunidade para compartir as nosas vivencias deste tempo. 

     Sabemos que esta é unha situación moi difícil, e sen dúbida ningunha todos nós botamos moito de menos a nosa rutina, os nosos compis, os xogos, o cole, e incluso algúns botarán un pouquiño de menos a profe. E por ese motivo, aquí vos traio algunhas cartas que me pasaron os vosos compis, espero que vos faga moita ilusión. Ademáis, tamén vos deixo de última unha carta especial que fixo a vosa profe para vós. É un pequeno regalo que nos permite estar xuntos na distancia. 

     Como os formatos en que mandáchedes as cartas son moi diferentes, algúns son fotos, outros son documentos.... xa que vos din eu a oportunidade de facelo así, vou compartilo de formas diferentes, pero estarán todas as que me chegaron, e espero que vos faga tanta ilusión coma min poder saber dos vosos compis un pouquiño máis. Se queredes, tamén podedes contestarlles polos comentarios.

---------- Carta de Sofía ----------

---------- Carta de Fabián ----------

---------- Carta de Mateo ----------

---------- Carta de Mariana ----------

---------- Carta de Daniela ----------

---------- Carta da profe ----------

     Espero que vos guste moito a sorpresa de hoxe, porque a min a verdade é que me fixo moita ilusión poder lervos a vós. Hoxe, como temos esta sorpresa, non vai haber actividades nin xogos ou pasatempos, pero estou segurísima de que aínda non fixéchedes moitas das que vos plantexei outros días, así que podedes consultar entradas antigas do blogue para ver cousas chulas para facer. Vos mando unha aperta enorme, e moitos moitos bicos para cada un de vós. BOA FINDE!

Equipo de dibujos animados de amigos alegres tomados de la ...

Comentarios