Boas tardes bichines, hoxe veño a darvos unha pequena sorpresa. Estiven pensando e, despois de tanto tempo e con todo o que nos estamos a botar de menos, sería unha boa idea poder facer entre nós unha videochamada un día destes, non pensades?
Pero para poder facela, preciso primeiro un pouco de información sobre vós, o acceso que tedes a internet, se poderíades descargar un programa para facela... e para iso resúltame SÚPER importante que respondades, preferiblemente coa axuda dos vosos pais, un cuestionario sobre as vosas posibilidades e necesidades, e vexamos entre todos se isto é posible.
Para mín sería moi importante que TODOS E TODAS respondérades a estas preguntas, levaravos soamente uns minutiños e sería de moita axuda. E, se todo vai ben, e analizando as vosas respostas, poderemos facela e vernos todos xuntos un pouquiño, case como se estivéramos en clase!
Soa ben verdade? Pois por aquí vos deixo o cuestionario:
Se alguén ten algunha dúbida sobre algunha das preguntas, sobre como responder ou sobre o que sexa, por favor, mandádeme un correo á dirección de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com
Se alguén ten algunha dúbida sobre algunha das preguntas, sobre como responder ou sobre o que sexa, por favor, mandádeme un correo á dirección de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com
Recordade, é MOI IMPORTANTE, e espero poder vervos a todos e todas nesa videochamada. Teño moitas ganas de vervos pitufos. Un bico moi grande da vosa profe.
Siiii
ResponderEliminar