FAMILIAS. Fichas para semana 20.04

     Bo día! Este tipo de entrada é nova, seino, e vouvos explicar antes de nada en qué consiste. Nesta entrada, que vou publicar todos os domingos, vou incluir todas as fichas que teñamos para traballar nesta semana e que poidan imprimirse (algunhas non son obrigatorias, e tamén o porei). O obxectivo desta entrada non é outro que facilitar o traballo para aquelas familias que voluntariamente queiran participar no programa do consello de impresión de materiais fotocopiables.

 Se queredes ou precisades algo máis de información sobre este programa, na web do cole https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/ tedes información máis detallada e teléfonos aos que contactar para poder solicitalo se vos interesa, non tedes impresora ou diversas cuestións. Por ese motivo, subirei aquí todas as fichas, clasificadas por días, para que podades envialas e telas preparadas nos días correspondentes, e así evitar a saturación deste servizo tan útil para todos.

- Luns: utilizaremos unha ficha para crear un monstro con dados (NON É NECESARIO IMPRIMIR): como crear un monstro, utilizaremos un dado polo que se alguén non ten na casa pode facelo con esta plantilla (VOLUNTARIO, NON FAI FALTA SE TES DADO): plantilla para facer un dado, e utilizaremos a ficha do calendario atmosférico, que aínda que xa foi para o xoves déixovola por aquí por se alguén todavía non a ten (SI) calendario atmosférico.

- Martes: únicamente utilizaremos a ficha do calendario atmosférico, que xa a tedes no luns. 

- Mércores: ficha de operacións matemáticas para repasar (SI): operacións matemáticas

- Xoves: faremos unha ficha acerca do noso libro favorito (SI): o meu libro favorito

- Venres: realizaremos unha actividade do método científico a través dunha experimentación, para a que fará falta a seguinte plantilla (SI): método científico.

     E listo, ata aquí as fichas que utilizaremos esta semana. Tede en conta que non todas son necesarias para telas impresas, e que tamén os nenos poden simplemente copiar aquelas que son moi sinxelas, polo que non sempre é necesario imprimir. Moitas gracias, e moito ánimo familias!

FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios