FAMILIAS. Fichas para a semana 27.04

     Bo día! Espero que esteades tendo unha finde moi boa cos vosos fillos. Sabemos que será unha finde especial, xa que mañá poderemos saír cos nenos e nenas á rúa. Esperemos que sexan moi responsables, para que todos poidamos volver á normalidade canto antes. 

     Como xa fixen a semana pasada, e farei todas as semanas para facilitar o traballo, déixovos por aquí as fichas que terán que facer esta semana, organizadas por días, para que as familias que utilizan o servizo de impresión do consello poidan facelo con antelación. Por aquí vos deixo: 

- Luns: o luns empezaremos a análise do calendario atmosférico, e para iso utilizaremos esta ficha, que deberán completar: táboa de frecuencias 

- Martes: continuaremos coa análise do calendario, para o que utilizaremos esta ficha: gráfico de barras (a folla a completar é a segunda, polo que non faría falta imprimir a primeira, soamente son instruccións). Tamén faremos, en lingua galega, as seguintes fichas: adiviña a palabra e comprensión lectora (neste caso, se non se poden imprimir, haberá unha alternativa que consistirá en escribilo na libreta, polo que non é tan necesaria). 

- O mércores e o xoves non serán necesarias fichas, e o venres non haberá tarefas por ser un día festivo segundo o calendario escolar do curso actual. 

     Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración, un saúdo afectuoso para todos vós, e un bico e unha aperta enorme para os nenos e nenas de terceiro. 
FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios