Boa tarde chicos, como vai a semana? Espero que moi ben. Primeiro de todo, gustaríame recordarvos a todos que é importante que cubrades o formulario para poder organizar a videochamada, porque se non teño información de todo o mundo é moi complicado. Gustaríame moito que participárades todos e todas vós, e así poderíamos vernos un pouquiño todos xuntos.
Recordade que tedes o cuestionario na entrada que se chama "facemos videochamada?", de onte, e que se tedes algunha dúbida, non podedes acceder, ou calquera cuestión, de verdade poñédevos en contacto conmigo a través do correo de sempre: tercero.viladerutis@gmai.com, e eu estarei encantada de poder axudarvos. En canto teña datos de todos, ou de case todos (actualmente fáltanme aproximadamente 1/3 da clase), ireivos contactando a aqueles nos que vexa que hai máis problemas por temas de horarios, dispositivos ou calquera outra cuestión que engadírades.
E xa cando teñamos todo isto especificado, e poida ter un horario establecido e un día concreto, contareivos que programa descargar e cómo acceder á videochamada e organizala. Espero que poidamos facelo o máis pronto posible, pero non depende soamente de mín, estou a expensas de vós. Moitas gracias de verdade pola vosa colaboración.
E xa despois disto, déixovos por aquí algúns pasatempos e xogos para facer hoxe pola tarde na casa. Deixo algún xogo online e tamén algunha idea de xogo para facer en familia. Espero que vos gusten e que me contedes se participades ou facedes algún deles:
- Buscaminas: en primeiro lugar, déixovos por aquí un dos xogos máis representativos do ordenador. Non sei se o coñecedes, pero o buscaminas era un dos poucos xogos que traían antigamente os ordenadores e aos que se podía xogar. Para xogar, tedes que ir premendo nas casiñas evitando pulsar en minas, e fixádevos ben no número que hai en casa unha: quere dicir que ten esas minas ao redor. Será alguén capaz de rematar unha partida completa? Non é nada fácil! Buscaminas
- Aforcado: fai uns cantos días, case ao principio da corentena, deixeivos un xogo do aforcado para xogar online. Hoxe vos propoño xogalo coa vosa familia: irmáns, nais, pais, avós... con quen teñades preto, estou segurísima de que farédelo xenial, porque xa sodes todos uns expertos. Por aquí vos deixo as normas, por se hai algún despistado, e algúns trucos para ser uns cracks: Trucos para xogar e Normas do xogo
- Sopa de números: e por aquí vos deixo outro tipo de pasatempos, unha sopa de letras especial, máis complicada do normal, na que tedes que atopar números. Podedes facelo online, pero tamén imprimilos, así que aquí podedes elexir vos se preferides facelo en papel ou no ordenador. Espero que vos guste, hai que estar moi atentos porque é complicado! Sopa de números
E listo, aquí tedes os xogos para hoxe. Recordade por favor facer o formulario para aquelas persoas que faltan, é moi importante para que poidamos facer todos a videochamada. Teño moitas ganas de vervos, e intentarei preparar algo divertido para facer xuntos cando a fagamos... Penso que o podemos pasar moi ben, e olvidaremos durante un tempo que estamos separados. Un bico moi grande para todos vós meu pitufos.
Comentarios
Publicar un comentario