Luns, 27 de abril

     Bos días pequenos e pequenas! Xa estamos de volta nunha nova semana, pero é unha semana especial por varios motivos, imos falar deles antes de empezar coas tarefas, vos parece? Xa que será unha semana diferente, e é importante telo en conta. 

     En primeiro lugar, como todos e todas xa sabedes, hoxe será o primeiro día que poderedes saír á rúa. É moi moi importante, antes de saír, ler as instruccións que nos dean dende o goberno para saber cómo poderemos saír, canto tempo, a donde, e ter moi en conta que NUNCA sós. Espero que teñades moito coidado, porque da vosa responsabilidade depende que isto desapareza pronto. 

     E, por outra parte, esta semana remata o mes de abril. Que vos parece? Nos vos pasou moi rápido? Os días son mooooi lentos, pero ao final os meses están voando, e xa levamos mes e medio de corentena! Este venres, 1 de maio, é o día do traballador, e polo tanto é un día festivo. Isto significa que ese día non haberá "cole virtual", igual que tampouco o teredes o luns 4, xa que era un día non lectivo non noso cole, e aínda que non estamos indo físicamente, tampouco teremos clases online. 

     E listo, unha vez falado de todo o que tiñamos que falar, imos empezar recordando o horario de hoxe: empezamos cunha actividade de matemáticas e ciencias sociais, despois faremos lingua galega, e despois do descanso e da hora de ler, tócanos inglés e imos facer lingua castelá a última hora. Imos!

- Matemáticas e ciencias sociais: imos analizar o calendario atmosférico que cubríchedes a semana pasada. Para iso imos crear unha TÁBOA DE FRECUENCIAS. E que é iso? Pois unha táboa, como o propio nome indica, para apuntar as "frecuencias", é dicir, cantas veces se repite algo. Para iso, tedes que utilizar a seguinte táboa e completala seguindo as intruccións que inclúen, e tendo sempre o conta o que vós puxestes no calendario atmosférico. Ficha de táboa de frecuencia

- Lingua galega: hoxe, para lingua galega, imos facer unha actividade simple. Imos escribir CINCO normas de comportamento que temos que ter en conta cando hoxe salgamos á rúa. Que normas debemos seguir e ter sempre en conta para levar a cabo un comportamento responsable? Gustaríame ver as vosas ideas, e coñecer a vosa responsabilidade. 

- Inglés: a tarefa de inglés de hoxe é a seguinte. Coma sempre, accedemos á páxina https://tiger.macmillan.es/ e escribimos o usuario e contrasinal de sempre. A tarefa é a seguinte: Pupils Book, Page 42, exercise 13 (Time Zones). Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedes escribirme o que precisedes ao correo de sempre. 

- Lingua castelá: para hoxe, teño unha tarefa especial. Quero que me escribades, no ordenador, tablet ou móvil, un correo electrónico (a tercero.viladerutis@gmail.com coma sempre) respondendo ás seguintes preguntas: saíches xa da casa para dar un paseo? Con quen? A onde fuches? Que cousas fixeches? Cumpriches todas as normas? Podedes contarme todo o que queirades, agardo as vosas mensaxes con moitas ganas! 

     E listo, aquí rematamos as tarefas do luns. Foron fáciles verdade? E sobre todo, que aprendérades e vos divirtírades moito. Moito ánimo para todos, que xa estamos chegando ao final disto, e parece que pouco a pouco hai razóns para ser optimista. Un bico moi grande para todos chiquitines, espero que volvamos pronto ao cole e nos poidamos dar un mega abrazo!

De dónde viene el arcoíris - Historia de la Vida

Comentarios