Martes, 14 de abril

     Ola de novo meus nenos! Como estades? Espero que estas vacacións non se vos fixeran demasiado longas, a verdade. Eu sigo botando mooooito de menos o cole, pero temos que pensar que un día máis sempre será un día menos, e oxalá volvamos pronto verdade? Gustaríame moito que me contárades como foron esas vacacións, que cousas fixéchedes, se botastes de menos o cole... o que queirades! Coma sempre en: tercero.viladerutis@gmail.com

     Hoxe volvemos ao traballo, e como todos os días, e para empezar vamos facer algunhas actividades faciliñas e xogos, seguimos repasando todo o que xa temos aprendido, porque é importante para poder continuar. Primeiro de todo, recordamos o horario, que hoxe, aínda que o pareza, non é luns: empezamos con matemáticas, seguimos con valores ou relixión, despois teremos inglés, e xa despois do recreo e da hora de ler continuamos con lingua castelá e con ciencias naturais. 

- Matemáticas: veña, hoxe imos repasar o que dimos na última semana, que despois das vacacións pódese olvidar. Tedes que asomarvos á ventá e buscar na rúa: dúas rectas paralelas, dúas rectas perpendiculares, un ángulo recto, un ángulo agudo e un ángulo obtuso. Cando os teñas, debúxaos nun papel, márcaos con bolígrafo ou rotulador (para que se vexan ben) e ponlle o nome que corresponda. 

- Valores: escribe unha lista de cousas (unhas dez cousas, máis ou menos) que botas de menos facer desde que empezou a corentena. Cando a remates, pon ao lado de cada unha un cadradiño para facer un tic e completala cando todo isto acabe, y así saberás que cousas tes ganas de facer. 

- Relixión: para os de reli, por aquí vos deixo, como todas as semanas, o blogue de relixión. Recordade buscar as actividades que teñan a etiqueta ou título para a vosa clase. Reli no vila

- Inglés: para continuar con inglés, hoxe imos empezar por facer unha ficha faciliña. Imos ter que saír un pouquiño á ventá, e así de paso danos un pouquiño o sol, e imos facer esta ficha que nos manda a profe Nati sobre o que vemos pola ventá e o tempo atmosférico. I spy with my little eye

- Lingua castelá: hoxe algo fácil de lingua castelá. Repasamos o xénero (masculino ou feminino) e o número (singular ou plural). Mira arredor e apunta os nomes de dez cousas diferentes que vexas (exemplos: caderno, tesoiras, ceras, lámpada....) EN LINGUA CASTELÁ, non galega. Despois, escribe ao lado de cada nome o seu xénero e o seu número. (por exemplo "caderno: masculino singular"). Este exercicio xa o fixemos taaaantas veces que deberíades facelo nun periquete. 

- Ciencias naturais: para terminar, continuamos con ciencias. Hoxe imos facer un repasiño do tema do funcionamento do corpo, vos acordades? Tedes que buscar, na seguinte sopa de letras, DEZ nomes de órganos que temos no noso corpo e escribir ao lado o aparato ao que corresponda (un exemplo "fígado: aparato dixestivo"). Sopa de letras dos órganos do corpo

     E listo, ata aquí as tarefas do primeiro día. Non podedes dicir que non era moi moi fácil eh. Seguro que o fixéchedes todos xenial, e sobre todo axudounos a todos a repasar os contidos para telos máis frescos, que despois das vacacións xa necesitas recordar. Mándovos un bico moi grande a todos e a todas, e recordade que un día máis é un día menos, e que a vosa profe daravos un abrazo xigante á volta. Ánimo pitufos, e ánimo familias!
Dibujo de arco iris - Manualidades

Comentarios

Publicar un comentario