Martes, 21 de abril

     Bos días de novo pitufines! Xa estamos aquí outro día máis preparados para traballar e facer todas as tarefas que corresponden. Hoxe toca seguir traballando, aínda que sempre coa esperanza de saber que un día máis é un día menos. 

     Non esquezades que, se necesitades, vos apetece ou simplemente tedes algo que contar, podedes contactar conmigo a través do correo electrónico que vos deixo sempre por aquí, eu estou encantada de recibir novas vosas: tercero.viladerutis@gmail.com

     E empezamos, como todos os días, recordando que horario imos facer hoxe: empezaremos con matemáticas, continuamos con relixión ou valores, depende da materia que teñas ti, despois faremos algo de inglés, e xa despois do recreo e da hora de ler continuaremos con lingua galega e ciencias naturais. Imos aló!

- Matemáticas: hoxe, para traballar matemáticas, imos facer algúns problemiñas, que xa fai bastante que non facemos. Para iso, vouvos deixar por aquí este documento que contén moitos problemas diferentes. Todos son igual de fáciles ou difíciles, vós tedes que escoller CATRO, e facer o seguinte con cada un deles: problemas para elixir
1. COPIA o enunciado do problema na libreta ou nun folio. 
2. Fai a cruz debaixo do enunciado, e escribe as diferentes partes: datos, debuxo, operacións, e solucións. Acórdate de facelo así. 
3. Completa cada unha das partes da cruz e resolve o problema. 

- Relixión: por aquí vos deixo, como todas as semanas, o blogue da profe de relixión que vos deixará por ahí as tarefas que tedes que realizar para esta materia. blogue de relixión

- Valores: hoxe os nenos e nenas de valores imos facer unha actividade sinxela, pero con moito significado. Dedicade uns minutos do voso tempo a recordar como era o voso cole, os vosos compañeiros, a clase, a profe... e debuxade, nun só debuxo, todas as cousas que botades de menos do voso colexio. Recordade tamén que as tarefas de valores tamén pode facelas todo o mundo. 

- Inglés: hoxe para as tarefas de inglés tedes que entrar na seguinte páxina "Matching game" e facer a actividade que tedes ahí. É unha actividade semellante a un memory, que xa todos coñecemos verdade? Espero que vos guste moito. 

- Lingua galega e ciencias naturais: hoxe volvemos a arrexuntar dúas materias para facer algo sinxeliño como introdución a unha actividade chulísima que faremos o venres. Recordas que fai un tempo buscamos a definición de máquina? Hai máquinas máis sinxelas, que son as máis antigas e compostas por moi poucas pezas, e máquinas máis complexas, como as industriais ou os aparellos electrónicos. Hoxe imos informarnos un poquiño sobre unha das máquinas máis simples: a rampa ou plano inclinado (pode chamarse das dúas formas). Busca en internet e apunta nunha folla que é e para qué serve este tipo de máquina simple. 

- Extra: asómate á ventá e mira que tempo fai hoxe para poder completar o calendario atmosférico de hoxe, non te olvides! Se non vai quedar incompleto e non nos vai valer tanto para traballar. Recorda facelo outra vez igual pola tarde, completando cos debuxos que puxeches na lenda. 

     E listo, ata aquí a tarefa do día de hoxe, moi fácil verdade? Estádelo a facer xenial chicos. E mirade, xa estamos case a mércores, e pouco a pouco vai pasando o tempo e estamos a chegar a finais do mes de abril, e aínda que xa levamos moito tempo na casa, hai que pensar o que eu digo sempre: un día máis é un día menos. Moitos bicos!

dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...

Comentarios