Bo día nenas e nenos, xa estamos aquí outro día máis. Preparados para facer as tarefas de hoxe? Seguro que si. Estou segura de que moitos de vós teredes cousas que contar, porque onte foi o primeiro día que vos deixaron saír á rúa en moito tempo. Como vos sentíchedes? Que fixéchedes na rúa? Con quen fostes? Contádemo todo no correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com
E como cada día imos comezar contando un pouco o horario de hoxe. Hoxe non imos ter un horario habitual, así que atentos, porque imos substituir valores por educación física. Así que o horario queda así: comenzamos con matemáticas, continuamos con educación física (os que teñen reli, deben mirar no blogue que tarefa hai), despois temos inglés, e xa despois do recreo e da hora de ler, acabamos con lingua galega e ciencias sociais. Comezamos!
- Matemáticas e ciencias sociais: hoxe imos rematar a análise do calendario atmosférico que fixemos a semana pasada. Onte fixemos unha táboa de frecuencias, recordades? Pois hoxe imos representar eses datos nunha gráfica de barras. Igual agora vos preguntades que é iso, pero estou segura de que xa o víchedes moitas veces, e vos resultará super fácil. Por aquí vos deixo a ficha, nela tedes tamén as instruccións a seguir para facelo, e tamén un exemplo para que non vos perdades: gráfico de barras
- Educación física: hoxe faremos unha excepción no horario habitual, porque hoxe sería o Día da Educación Física na Rúa. E por iso David tennos preparadas unhas actividades que vos deixo por aquí para conmemoralo: Día da Educación Física na Casa
- Relixión: como todos os martes, por aquí vos deixo o enlace ao blogue de relixión para que busquedes as tarefas que vos correspondan para o día de hoxe: blogue de reli
- Relixión: como todos os martes, por aquí vos deixo o enlace ao blogue de relixión para que busquedes as tarefas que vos correspondan para o día de hoxe: blogue de reli
- Inglés: accedemos como xa sabedes á páxina web https://tiger.macmillan.es/ co mesmo usuario e contrasinal de sempre. E facemos a seguinte tarefa: Pupils Book, Page 42, exercise 14.
- Lingua galega: hoxe, de lingua galega, imos facer un par de textos de comprensión lectora. Un deles trata de adiviñar as palabras ocultas, douvos unha pista, todas elas están relacionadas co cole. A segunda ficha é de comprensión: tedes que rodear ou pintar a frase correcta que represente o debuxo. Se non podedes imprimir, tamén podedes escribir nun folio a frase correcta, e se queredes facer ao lado o debuxo: adiviña adiviñanza e comprensión lectora
E listo, ata aquí chegamos coas actividades de hoxe. Foron fáciles, seino, e tamén sei que o estades facendo xenial e que estades sendo uns campións todos vós, por todo o que traballades e estades a facer. Un día máis, coma sempre, é un día menos. Xa falta menos para volvernos a ver.
Comentarios
Publicar un comentario