Bos días chicos e chicas e benvidos a Abril!! Mes novo xa, como está a correr o curso verdade? Xa queda pouquiño para que volvamos a vernos, tedes ganas? Eu espero que si, sei que a maioría queredes volver ao cole! E que vos botades moito de menos entre vós!
Hoxe, como é mércores, temos un horario un poco máis faciliño, xa o sabedes, pero como todos os días eu volo recordo: empezamos con matemáticas, como case todos os días, continuamos con lingua galega e lingua castelá, e xa despois do recreo e da hora de ler temos educación física e plástica! Imos aló coas tarefas, ánimo!!
- Matemáticas: continuamos repasando os tipos de ángulos e todo o que demos ata o de agora. Vos propoño acceder ás seguintes páxinas, a ver se sodes capaces de facer os xogos! Xogo un, Xogo dous e Xogo tres. Con estes xogos poderedes repasar todo o aprendido ata o momento sobre liñas e ángulos, que espero que o saibades xa de memoria.
- Lingua galega e lingua castelá: hoxe imos xuntar as dúas asignaturas, porque imos facer o mesmo. O último día practicamos a ortografía das palabras con g e "j" (a "j" lóxicamente soamente en castelán porque en galego non existe). Xa sabemos que as palabras con gue gui se pronuncia como unha g suave, sen pronunciar a u, pero que ocorre cando temos que pronunciar a u? En palabras como pingüin, paragüeiro ou piragüista, colocamos dous puntiños enriba da u para poder pronunciala, chamados DIÉRESIS. Pois hoxe imos traballar sobre isto. Primeiro tedes que facer estes xogos en lingua castelá para practicar e coñecer algunhas palabras que levan diéresis: Une a palabra co debuxo e completa as palabras arrastrando sobre elas a opción correcta. Agora que xa coñeces algunhas palabras con diéresis, escribo en LINGUA GALEGA catro oracións que conteñan palabras diéresis, e subliña todas as palabras que conteñan o son g.
- Educación física: coma sempre, recordade que é moi importante facer algo de deporte todos os días. Para hoxe non tedes unha tarefa específica, senón que a vosa tarefa é o que vos digo, facer exercicio, o que queirades, e o deporte que vos apeteza. Zumba, ioga, baile, pilates... podedes deixar nos comentarios que deporte escollíchedes para facer, e así compartimos entre todos as actividades.
- Plástica: hoxe vos propoño unha manualidade sinxela pero moi moi resultona. Imos ser creativos cun rollo de cartón do papel hixiénico. Que necesitades? Pois un rollo de papel, tesoiras, cores, e moita imaxinación. A manualidade é libre, podedes facer o que queirades, e se me pasades os resultados subireinos ao blogue todos para que vexades a creatividade dos vosos compañeiros! Coma sempre, ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com Quero ver que creativos sodes! (Unha pista: se buscades en google, tedes un montón de ideas para saber qué facer, CREATIVIDADE AO PODER!
E ata aquí o traballo do mércores, qué rápido pasan as semanas. Hoxe non podedes ter queixa que foi traballo fácil e divertido eh? Espero que o levedes o mellor posible, e recordade que podedes escribirme para contarme todo o que queirades ao meu correo, e por suposto espero as fotos de todas as vosas manualidades desta semana. Un bico moi grande para todos pitufos, e moito ánimo!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMe divierto con los juegos de matematicas y de lingua
ResponderEliminar