Bos días de novo pequenas e pequenos! Estamos aquí outro día para traballar un pouquiño máis esta semana. Supoño que xa o sabedes, pero parece que empezamos a ver o final do túnel, e a ver si a finais deste mes podemos ir, moooi pouco a pouco, recuperando a normalidade. Estou segura de que necesitades e queredes tanto coma min poder saír á rúa, ver aos voso amigos e amigas, volver ao cole, poder ir aos parques... xa queda menos!
Hoxe, como é mércores, tócanos un horario bastante chulo e con actividades divertidas e sinxelas, espero que non teñamos dúbidas, pero se as tedes, sabedes que podedes escribirme para contarme ou preguntarme calquera cousa ao meu correo de tooodos os días: tercero.viladerutis@gmail.com
Imos recordar o horario antes de nada: empezaremos con matemáticas, continuamos con lingua galega, tamén lingua castelá, e xa despois do recreo e da hora de ler teríamos educación física e plástica. Preparados? Imos aló!
- Matemáticas: empezamos facendo algúns xogos para repasar as multiplicacións. Primeiro vos deixo este:http://lapandilladelarejilla.es/juegos-tablas-demultiplicar/ aquí tedes que seleccionar as diferentes táboas e facer as actividades. A primeira será soamente de repaso da táboa, pero despois teredes que multiplicar engadindo ceros, fixádevos ben nos ceros!! A ver quen é capaz de chegar ata o final das táboas. E despois vos deixo este outro xogo para practicar: https://www.tablasdemultiplicar.com/matematicas-submarinas.html aquí seleccionade a multiplicación, e tedes que mover o submarino coas frechas, esquivando aos peixes e tiburóns. Segundo vaiades conseguindo moedas, poderedes desbloquear novas cousas do xogo.
- Lingua castelá: imos facer un ditado sinxeliño, tendo moito coidado coa R (acordádevos de cando escribimos r forte e r simple) https://www.youtube.com/watch?v=SwbvHRVM_04 E acordádevos de repasar e corrixir despois os erros que teñades.
- Lingua galega: escríbe as normas do xogo "memory" en galego, porque logo imos crealo para plástica. Se non as sabes, búscaas por internet, pero recorda poñelo como se foran instruccións, é dicir, por pasos (paso 1, paso 2, paso 3...).
- Educación física: aquí tedes os traballos que manda o profe David para esta semana. Preparados? Pois veña, educación física! Xogando aos bolos
- Plástica: hoxe vos propoño crear un xogo: o memory. Podes crealo de diferentes temáticas, eu vos propoño facelo, por exemplo, de multiplicacións, pero tamén podes facelo de animais, con debuxos iguais, ou con palabras... Sigue os seguintes pasos:
1. O primeiro é decidir sobre qué o imos facer e cantas parellas queremos crear. Eu propoño facer dez parellas (é dicir, vinte cartas), por exemplo de multiplicacións (repito que podedes facelo do que queirades, gustaríame ver a vosa imaxinación).
2. Debuxa, preferiblemente sobre cartón ou cartolina, cadrados iguais (tantos como cartas teñas que facer, neste caso vinte). Vos propoño como medida 5cm de cada lado, para que non sexan nin moi grandes nin moi pequenas.
3. Recorta todos o cadrados, e sepáraos en dous montóns iguais: dez cartas en cada montón.
4. Pinta todas as cartas do mesmo montón da mesma cor, preferiblemente con témperas, pero tamén valen outro tipo de pinturas. Cada parella estará formada por unha carta de cada cor.
5. Cando seque a pintura, debuxa ou escribe as parellas. Exemplo: colles unha de cor azul e escribes a multiplicación "8 x 5" e colles outra de cor amarelo e escribes o resultado "40". Esa será unha das parellas. Faino con todas elas.
6. A XOGAR! Reta a alguén da túa familia para ver quen fai máis parellas. Recordade que cada persoa debe levantar dúas cartas, e se acerta na parella, lévalla para o seu montón e vólvelle tocar. Atrevédesvos a facelo de máis cartas, ou doutros temas? Adiante!
E ata aquí o traballo de hoxe, espero que vos guste, que disfrutárades, e que fagades un memory marabilloso. Espero as vosas fotografías, imaxes e de todo, porque teño moitas ganas de saber de vos. Un bico moi moi grande para todos chicos e chicas, bótovos de menos. Un día máis é un día menos, acordádevos. Moito ánimo para as vosas familias.
Comentarios
Publicar un comentario