Ola pequerrechos! Xa estamos a mércores, que rápido está a pasar esta semana verdade? Así da gusto, que pase o tempo rápido e que podamos volver pronto á nosa vida de sempre, que botámola moito de menos, ou eu polo menos!
O noso horario de hoxe é o seguinte: empezaremos con matemáticas, despois lingua castelá, faremos tamén lingua galegae, xa despois da hora de ler e máis do recreo, continuaremos con educación física e con plástica, que hoxe teño preparada unha actividade moi chula. Empezamos!
- Matemáticas: hoxe, de mate, toca facer algunhas operacións, que tamén fai tempo que non facemos e é importante repasar para non olvidalas. Non vaia ser que tanto tempo nos estea a afectar, verdade? Por aquí vos deixo unha ficha con operacións de mate, faciliñas, pero dúas de cada, para que practiquedes: operacións de mates.
- Lingua castelá: en lingua castelá hoxe imos repasar a separación de palabras en sílabas. Moi fácil verdade? Pois entón por aquí vouvos deixar dous xogos diferentes. O primeiro é moito máis faciliño, nivel fácil, para que fagades para practicar: xogo fácil. Este non debería darvos ningún problema, e agora déixovos aquí outro máis, nivel xa difícil, con palabras incluso descoñecidas, a ver como se vos da (un truco: probade a pronuncialas primeiro). Facede unhas dez, e contádeme os vosos erros, aínda que podedes facer máis se queredes: xogo difícil
- Lingua galega: para lingua galega hoxe imos facer algo moi moi sinxelo. Vouvos deixar por aquí un enlace para ver unha serie de debuxos en galego (super chula). Déixovos o primeiro capítulo, aínda que tedes máis se queredes continuala: Código Lyoko. Tedes que ver ese capítulo e responder, por escrito: cal é o teu personaxe favorito dos que saen neste episodio e por qué?
- Educación física: por aquí vos deixo, coma sempre, o traballo do profe David para esta semana para traballar a educación física na casa. Recordade facer un pouco de exercicio na casa cada día, eu estouno a facer tamén, é moi importante para manter o noso corpo activo: Fortnite EF
- Plástica: hoxe, para quen non o saiba todavía, é o día da terra. Xa o falamos moitas veces, pero nunca está de máis recordar que coidar o medio ambiente é moi importante. E cal é un dos materiais de uso habitual que máis contamina e tarda en desfacerse? Efectivamente, o plástico. Por ese motivo é tan importante reducir o uso dos plásticos, e reutilizalos. Por iso, hoxe vos propoño facer unha manualidade de refugallo. Seguro que todos tendes unha botelliña de auga de plástico na casa, así que imos reutilizala e convertila nunha preciosa hucha cerdito. Por aquí vos deixo un vídeo coas instruccións para facelo: manulidade con botella de plástico.
* E se non teño botella de plástico? Entón imos poñernos creativos. Podes coller un ou varios envases de iogur de plástico (lávao ben primeiro) e facer unha manualidade libre, pero sempre creativa. A ver que cousas sodes capaces de facer. Por suposto, tamén podedes facer ambas cousas.
* E se non teño botella de plástico? Entón imos poñernos creativos. Podes coller un ou varios envases de iogur de plástico (lávao ben primeiro) e facer unha manualidade libre, pero sempre creativa. A ver que cousas sodes capaces de facer. Por suposto, tamén podedes facer ambas cousas.
- Extra: acordádevos de volver a cubrir o calendario atmosférico de ciencias sociais.
E ata aquí as tarefas para o día de hoxe, espero que vos gustaran moito, e que desfrutárades que tamén diso se trata, de aprender divirtíndonos, así é moito mellor. Un bico e unha aperta moi grande e forte para todos vós, moito ánimo chicos!
Comentarios
Publicar un comentario