Boas de novo, xa estamos a mediados da semana e case case rematando o mes de abril. Espero que todo estea indo o mellor posible, e que os traballos vos estean axudando a aprender, divirtirvos e estar entretidos durante un tempo.
Ademais interésame moito saber como está sendo iso de saír á rúa, xa que eu non podo saír todavía. Contádesmo? Agardo todas as vosas mensaxes, ao correo de sempre no que vos espero: tercero.viladerutis@gmail.com Sabedes que me encanta recibir as vosas mensaxes.
Como todos os días, empezamos recordando cales son as materias que teremos no horario de hoxe: comezaremos cuns xogos de matemáticas, despois lingua galega e lingua castelá, e xa despois do descansiño e da hora de ler, remataremos as tarefas con educación física e máis plástica. Soa ben, verdade? Pois imos aló.
- Matemáticas: hoxe imos facer un par de xogos para recordar e para aprender algo novo. Primeiro imos recordar: acordádesvos de cales son os tipos de ángulos? Moi ben, os ángulos rectos, os agudos (máis pequenos) e os obtusos (máis grandes). Pois sabendo isto, imos facer un xogo interactivo de repaso, a ver como se vos da: xogo de ángulos.
Ademais, imos dar algo novo, que tamén é de repaso xa, pero nunca está de mal repasalo. Que é un polígono? Pois recórdao ben: unha figura CERRADA composta por LIÑAS RECTAS. Fácil verdade? Pois vouvos poñer a proba: xogo de polígonos
- Lingua galega: escribe unha anécdota que che ocorrera durante a corentena, en aproximadamente unhas cinco liñas. Tes que explicar qué ocorreu, por qué, e que pasou despois, e se queres podes enviarma para compartila cos compañeiros. Pensa en algo divertido que vos ocorrera, pode ser facendo un xogo, facendo exercicio.... o que sexa. Espero as vosas historias.
- Lingua castelá: mira o seguinte vídeo e escribe, por pasos (paso 1, paso 2, paso 3...) o que hai que ir facendo, pouco a pouco, para facer plastilina. Fácil verdade? Eu xa o fixen, e teño en total 8 pasos diferentes. Ten que quedar moi ben explicado: como facer plastilina.
- Educación física: aquí tedes, coma sempre, as tarefas que vos manda para esta semana o profe David. Espero que vos gusten, e sobre todo non vos olvidedes de facer todos os días un pouco de exercicio para poder manter o voso corpo activo, é moi importante. De novo vos deixo por aquí a tarefa desta semana, que é a mesma que vos deixei onte: Día da Educación Física na Casa
- Plástica: agora que xa sabes como se fai... sigue as túas instruccións para crear a túa propia plastilina caseira! Como ves, son materiais que todos temos por casa, así que será moi sinxelo, pero preparádevos para pringarvos, porque ao principio mancha! Por aquí vos deixo un reto: atrevédesvos a facer unha figura e metela no forno para que quede dura? Encantaríame ver o resultado.
* Truco: se non temos colorante alimenticio, podemos facela primeiro e despois a pintamos, unha vez seca e dura, con pintura de pinceis normal como témperas.
E listo, acabamos o mércores e case a semana, porque acordádevos que esta semana non imos ter tarefas o venres. Un bico moi grande para todos, e recordade sempre que un día máis é un día menos. Estou desexando volver ao cole para vervos a todos!
Comentarios
Publicar un comentario