Outra sorpresa!

   Hoxe, 30 de abril, como xa vos dixen a algúns na videochamada onte, tiñamos no noso cole unha visita moi especial. Uns cans dunha asociación que soi moooi moi intelixentes e axudan ás persoas a moitas labores da súa vida. É por iso que no blogue de reli tedes unha entrada especial para coñecer a un destes canciños: visita dos cans ao Vila de Rutis

     Pero, a maiores, e para demostrarvos o importantes que son os cans para nós, eu déixovos por aquí tamén un vídeo MOOOI ESPECIAL e MOOOOI IMPORTANTE para min, no que vos presento a alguén moi moi especial da miña vida: preséntovos a OTTO.



     Agardo que vos guste tanto esta sorpresa como a min preparala e facer estes vídeos para vós. Quérovos moito, seguro que pronto podemos volver a vernos. 

Comentarios

Publicar un comentario