Boas nenos e nenas! Para hoxe teño algunha proposta interesante que podedes facer esta tarde, e espero que vos guste moito moito. Recordade que mañá é o último día, e que teredes tamén unha entrada coas TAREFAS PARA VACACIÓNS, que publicarei tamén mañá xunto coa tarefa do venres. Un bico moi moi grande para todos, e espero que esteades tendo unha semana boa. Por aquí vos deixo as propostas para hoxe:
- Xogo de caleidoscopio: tedes que estar moi atentos e ir intercambiando cores para que o voso caleidoscopio sexa idéntico ao que está primeiro. Parece fácil, pero hai que pensalo. Pincha nas cores que están máis próximas para poder intercambialo, e usa a lóxica. https://www.cokitos.com/juego-simetria-con-caleidoscopio/play/
- Ademais, hoxe vos propoño facer un debuxo de algo que botedes moito de menos durante esta corentena. Pode ser ir ó parque, estar no cole, os vosos compañeiros... o que queirades. E, como sempre, sabedes que estaría encantada de poder velos.
- Por último, pensi que sería interesante que fixérades unha partida de cartas. Seguro que todos tedes unha baralla por casa, e así recordades un pouco os xogos. Aquí vos deixo algunhas propostas: a escoba, o reloxo, o cinquillo... e se quederes, incluso podedes facer pirámides ou xogar a un tipo de solitario. As cartas sempre son unha boa opción de xogo!

Comentarios
Publicar un comentario