Tarefa para vacacións

   Ola pitufos e pitufas! Como sabedes, hoxe, venres, rematan as clases por uns días. Haberá sentimentos de todo tipo, incluso é probable que agora vos faga ilusión as vacacións, pero o máis probable é que dentro duns días xa non tanto. Estar en vacacións en casa, sen moito que facer, é un pouco aburrido. E por iso, para darvos ideas para facer e mantervos entretidos,

     En primeiro lugar, mándovos unha lista de cousas para facer: hai de todo, dende repasar as multiplicacións ata xogar a xogos de mesa. Gustaríame que a fórades completando con x con v segundo fórades facendo as diferentes actividades, e cando rematen as vacacións podedes mandarme unha foto para ver todo o que fixéchedes. Obviamente nesta lista hai algunhas cousas para facer, pero supoño que faredes moito máis, e sabedes que encántame ver as fotos das vosas actividades, así que xa non digo máis: tercero.viladerutis@gmail.com

                                                       ------>Tarefa para vacacións <-------


    Como complemento a algunhas das tarefas que veñen nesta lista, gustaríame facervos a seguintes propostas, para que poidades sacar ideas para facer algunhas desas cousas: 

- Libros: se xa estades lendo algún, podedes continuar con ese. Se non o estades, eu propóñovos estes dous títulos (un en galego e outro en castelán) para que leades con calma. Son libros moi moi chulos, e vos paso a páxina do libro online, non tedes que mercalo! Aínda así non olvidedes que moitas bibliotecas teñen abertos os seus catálogos online para facer préstamos de libros dende a casa, incluso sen ser socios ou facéndose socios de forma gratuita e online, ou a plataforma galiciaLe, que vos deixo por aquí, onde tamén podedes atopar moooooitos libros: https://www.galiciale.gal/

    Para os libros en lingua castelá propóñovos "El misterio de la casa del terror - los friki juegos" El misterio de la casa del terror e, para OS MÁIS ATREVIDOS, xa que é unha lectura para un pouco máis maiores, pero sei que vos gusta "Harry Potter y la piedra filosofal" Harry Potter 1

    Como libro de lingua galega, que son suuuuuper bonitos, vos propoño "Feliz feroz: o lobo riquiño" (un dos meus favoritísimos): Feliz feroz e "Vaia tropa", un libro super divertido e moi bonito para ler sós ou acompañados Vaia tropa

- Seguimos con pintura: por aquí vos deixo algún ovos de pascua para colorear nesta tempada, e así tamén podedes coller ideas para pintar os ovos de verdade. Para iso, vos recomendo facelo con MOOOOOITO coidado e pintar con pincel (con témperas por exemplo). Agardo as vosas obras de arte, sei que o fareces xenial: Ideas para os ovos de pascua

- Para practicar as táboas de multiplicar, déixovos por aquí algunha idea. Claro que podedes escribilas e facer operacións, pero penso que con estas apps para tablet ou móbil pasarédelo mellor e practicaredes moito. Aquí vos deixo unha páxina con moitas propostas: Apps para practicas as multiplicacións. Eu vos recomendo a de "tablas de multiplicar con SpuQ" e "10monkeys", son as miñas favoritas. Contádeme cales descargades para saber cal vos gusta máis. 

- Non olvidedes que para facer exercicio podedes acceder ás actividades que vos mandou David, ou incluso buscar vídeos por youtube para facer ioga ou zumba, que sabedes que son deportes moi adaptados para facer na casa. Ademais, para recomendacións de películas, podedes buscar nas entradas que xa tedes doutros días, onde tedes un montón de ideas. Como recomendacións particulares vos digo a película "Campeones" ou a película "Del revés", pelis moi especiais, bonitas e perfectas para desfrutar e compartir. 

- E por último, pero non menos importante, propóñovos realizar un DIARIO EMOCIONAL. Estes días de encerro están sendo complicados, e as nosas emocións varían moito duns días a outros. Por iso vos propoño o seguinte: aquí vos deixo unha ruleta con 10 triángulos (tantos como días teñen as vacacións de semana santa). O obxectivo é que coloreedes cada triángulo en función da emoción que tivérades ese día. Déixovos unha versión con cores establecidas, e outra na que podedes crear vós o voso propio código, ou incluso podedes engadir algunha emoción. Por aquí volo deixo: Ruleta con código e Ruleta personalizable.

- Déixovos por aquí un diario de corentena, para que o fagades voluntariamente, e así reflexionemos sobre as cousas que teñen valor e o que facemos cada día. Diario de corentena

- Ah! E por certo, unha actividade MOI RECOMENDABLE para hoxe: o circo do sol ven programando para estes días algunhas sesións online, e hoxe será unha delas. Penso que merece moito a pena, e podedes botarlle un vistazo se vos interesa. Eu estarei véndoa coma vós! https://www.cirquedusoleil.com/es

     E ata aquí todo o que vos tiña que contar, e as tarefas de semana santa. Espero que fagades moitas das miñas propostas, que o pasedes ben, que botedes de menos o cole, a profe e os compañeiros, e que volvamos con ganas de traballar e sobre todo, ganas de vernos. Un bico moi moi grande da vosa profe, e recordade: ESTADE ATENTOS AO BLOGUE. Haberá algunha sorpresa. 

Lista De Comprobación Tarea Hacer - Gráficos vectoriales gratis en ...

Comentarios