Cada ano, o 23 de abril é unha data especial no colexio.
Conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a
lectura entre os máis pequenos.
Hoxe estamos vivindo unhas circunstancias especiais , pero non por
iso imos deixar de celebrar esta data. Animamos ás familias a
disfrutar coas lecturas dos seus fillos/as, que lle permitirán viaxar a
lugares fantásticos, vivir grandes aventuras e deixar voar a
imaxinación.
O profesorado do CEIP Vila de Rutis, co desexo de que pronto
volvamos á normalidade, quere adicarvos este vídeo e recordarvos
que vos botamos moito de menos. Moito ánimo!!
esta muy chulo
ResponderEliminar