Venres, 17 de abril

      Bos días pitufines! Como estades hoxe? Como é venres, e xa o sabedes, remata unha semana máis. E xa con esta levamos un total de 5 semanas en corentena. Madre mía... e parece que foi onte cando fomos por última vez ao cole verdade? A ver se podemos volver pronto, eu espero que si. 

     O traballo de hoxe é, como todos os días, moi moi faciliño, pero xa sabedes que eu estou encantada de que me escribades, tanto se tedes algunha dúbida como se soamente queredes falar comigo ou contarme ou ensinarme algunha cousa que fixérades vós ou coa vosa familia. Vos espero a todos no correo, que sabedes que me encanta falar con vós: tercero.viladerutis@gmail.com

      E imos co traballo do venres. Como todos os días que é o que toca antes de nada? Moi ben, xa o sabedes de memoria (estou segura de que case todos o sabíades): recordamos o horario de hoxe. Empezamos con matemáticas, continuamos con educación física, despois música, e xa despois do recreo e da hora de ler, acabaremos a semana con lingua galega e ciencias naturais. Comezamos!

- Matemáticas: hoxe toca repasar operacións, que xa fai bastante que non facemos verdade? Así que por aquí vouvos deixar unhas pirámides para que practiquedes. Acordádevos de como se fan? Volo explico por se acaso alguén non o sabe. Para facer unha pirámide hai que completala con números escribindo un en cada cadrado, tendo en conta o seguinte:

1. Cando un ladrillo está enriba de outros dous, quere dicir que ese número é a suma dos de abaixo. (Por exemplo, se arriba temos un 10, e nun de abaixo hai un 6, sabemos que no outro ten que haber un 4, para que a suma dea ben)
2. Nunca pode haber un número máis pequeno enriba dun máis grande, porque non se poderían sumar. (Por exemplo: se arriba temos un 11, non pode haber debaixo un 15, porque non hai un número que sumado a 15 dea 11). 
3. Para resolver as pirámides deberedes facer sumas (sumando os ladrillos que estean pegados entre eles e escribindo o resultado no de arriba) e restas (restando un dos números de abaixo ao resultado, para saber cal é o outro). 

Agora que xa sabedes xogar, poñédelo en práctica. Tedes unha pirámide nivel fácil e unha pirámide nivel difícil. Como mínimo, tedes que completar a fácil, a difícil é un reto para quen o queira aceptar. Veña, que xa sodes todos uns expertos. Como hai algúns que todavía non chegaran cando fixemos esta actividade no primeiro trimestre, se alguén non a entende, porfa que me pregunte no correo e eu lle axudo a facela. Podedes imprimilas (pincha aquí) ou completar os números no ordenador (pincha aquí), aínda que fagades as operacións nun papel. As pirámides son as mesmas, o que cambia é o formato, para que non se mova se o imprimides. E, coma sempre, espero os vosos resultados. 

- Educación física: por aquí vos deixo de novo o traballo para esta semana que deixou o profe David. Recórdovos que o traballo de educación física vai por semanas, así que é o mesmo que o mércores: traballo de educación física

- Música: coma sempre, para facer as actividades de música, déixovos por aquí o blogue de música coas actividades para esta semana, recordade buscar onde poña o voso curso: https://ruteandocoamusica.blogspot.com/

- Lingua galega e ciencias naturais: hoxe imos facer un traballo conxunto destas dúas materias. Asoma a cabeza pola ventá e fai unha descrición da paisaxe que podes ver. Recorda, empezamos por un lado, e vamos pouco a pouco cara o outro explicando qué cousas podemos ver (edificios, persoas, seres vivos, parques, o tempo que fai...). Recorda describilo todo. A vosa tarefa será grabar a vosa voz facendo esa descrición, como non, en lingua galega. Podedes practicar un pouquiño antes, para non atorarvos, e seguro que vos sairá mellor.

     E ata aquí o traballo desta semana, non podedes ter queixa que foi todo moi fácil verdade? Pouco a pouco iremos vendo o que ocorre con todo isto, pero agora toca descansar a finde, e non vos olvidedes de facer moito deporte, xogar moito, e contarllo todo á profe, que vos bota moito de menos. Un bico moi grande para todos vós, pitufitos, pronto volveremos a estar xuntos!

Precioso arcoiris con el sol | Vector Premium

Comentarios