Venres, 24 de abril

     Bos días chicos e chicas, último día da semana. Como vai esa enerxía e esas ganas? Como vedes, xa vai outra semana fora, e eu non podo estar máis contenta porque iso implica unha semana menos para volver á normalidade, para volver ao cole. E teño moitas ganas. 

     Hoxe teño preparada unha actividade que creo que vos vai gustar bastante, pero tede en conta que sigue sendo traballo, polo que non hai que tomalo a broma, é algo moi moi serio. Antes de nada, agora sí, recórdovos o horario de traballo que imos seguir hoxe: empezaremos con lingua castelá, despois teremos educación física, continuamos con música, e xa despois da hora de ler e do recreo, teremos matemáticas e ciencias naturais, nunha actividade conxunta que faremos e que, espero, vos guste moito. Imos coas tarefas!

- Lingua castelá: hoxe, en lingua castelá, imos traballar algo que vos gusta bastante: os trabalinguas. Para iso vouvos deixar por aquí unha páxina con trabalinguas moi moi divertidos. A vosa tarefa de hoxe: aprendervos dous ou tres (podedes elixir cales) e grabarvos dicíndoos, lóxicamente, ben ditos. Aquí tedes a páxina: trabalinguasVouvos dicir cales son os meus favoritos, a ver se vos atrevedes con estes (son en castelán, e por iso escribirei esta parte en castelán):

Cuando cuentes cuentos
cuenta cuántos cuentos cuentas
Porque si no cuentas cuántos cuentos cuentas
Nunca sabrás cuántos cuentos cuentas. 

Como poco coco como,
poco coco compro.
Como compro poco coco
poco coco como. 

Por desenredar el enredo
que ayer enredé, 
hoy enredo el desenredo
que desenredé ayer. 

- Educación física: coma sempre, por aquí vos deixo as tarefas de educación física desta semana, que son as mesmas que o mércores. Recordade, coma sempre, facer exercicio todos os días para manter o corpo e a mente activos. 

- Música: de novo, para facer as actividades de música, déixovos por aquí o seu blogue, accedede a él e buscade as entradas onde poñan o voso curso para saber que vos toca facer nesta semana. Este é o blogue: blogue de música.

- Matemáticas e ciencias naturais: imos facer un experimento científico. Para el, necesitaremos: unha folla cunha plantilla como esta (podes descargala e imprimila ou copiala ti co lapis): plantilla método científico, unha boliña (pode ser unha canina, unha bola de plastilina, unha pelota moi pequena...), unha superficie lisa e recta (un libro, libreta, regra, unha tapa de cartón...) e o teu cerebro, que temos que pensar. Colle todos os materiais, e fíxate na explicación: 

Como xa sabemos, o plano inclinado ou rampa serve para subir obxectos a un sitio alto sen facer tanto esforzo, pero tamén nos axuda (e máis todavía) para baixalos, gracias á forza de gravidade, que empurra ás cousas cara o chan. Neste experimento utilizaremos a superficie plana como rampa pola que baixará a boliña, pero temos que responder ás preguntas da plantilla por cada "ronda" do experimento. Aquí tedes as rondas:
1. Experimento primeiro: imos colocar a superficie plana no chan, e enriba a boliña. Recorda responder as preguntas da plantilla antes e despois de facelo, e explica se ocorre algo. 
2. Experimento segundo: imos colocar a superficie plana no chan un pouco inclinada sobre algo que a suxeite de forma que faga un ángulo agudo moi pequeno co chan. Agora colocaremos a boliña na parte máis alta da superficie plana. Responde ás preguntas antes e despois de facelo. 
3. Experimento terceiro: inclina todavía máis a superficie plana, colocando algo máis debaixo, para que forme un ángulo agudo máis grande. Coloca de novo a boliña na parte máis alta da superficie plana. Responde as preguntas da ficha antes e despois. 
4. Experimento catro: coloca a superficie plana perpendicular ao chan, nun ángulo recto, e coloca a boliña na parte máis alta da superficie. Responde ás preguntas da ficha. 
5. Conclusións. 
6. Reto final: constrúe un recorrido con rampas de diferentes inclinacións para que percorra a boliña. 

* - Extra: recorda cubrir por último o calendario atmosférico de ciencias sociais, que xa estamos acabando. Pola mañá e pola tarde!. Recordade completalo todos os días, e gardádelo ata o luns, que traballaremos con el. 

     E listo, ata aquí as tarefas desta semana. Hoxe vouvos aplaudir eu a vós, porque sodes os mellores, estades traballando xenial e, a verdade, cada día estou máis orgullosa de que o esteades facendo tan tan ben. Un bico moi grande, que teñades un marabilloso fin de semana e espero que toda a vosa familia estea moi moi ben. 

dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...



Comentarios