Venres, 3 de marzo

     Bos días pola mañá pitufines!! Xa estamos a venres, e iso ten unha parte boa e outra parte mala. A parte boa e que xa rematamos a nosa terceira semana se confinamento (TERCEIRA XA!). Como o levades? Eu espero que o levedes o mellor posible, xa que sabemos que é unha situación complicada, pero seguro que esforzándonos todos xuntos sairemos desta.

     E a seguinte consecuencia que nos atopamos é que estamos no último día de clases antes de semana santa. Quere dicir que, a partires de mañá, estamos de vacacións. Coma se estiveramos no cole normal, as clases non se retomarán ata despois destes días, polo que durante a semana santa non haberá tarefas diarias. Retomaremos as clases o próximo día 14 (MARTES 14 DE ABRIL). E, moi en contra do que eu prefiro, ten pinta de que as retomaremos todavía mediante o blogue. Hai que ter paciencia chicos e chicas, estamos polo bo camiño, veredes como si.

     Hoxe, ademais das tarefas, na entrada que subirei ás 14:00 (é dicir, despois do horario de clase, á hora a que sairíamos do cole) vouvos deixar as TAREFAS para semana santa. Si, teredes tarefa. En momentos como este é moi importante ter cousas que facer, e eu mandeivos unhas pouquiñas, pero penso que igual os poden gustar. Xa o veredes despois.

     E un último aviso, por se algunha familia despistada: onte publicáronse as notas da segunda avaliación a través de Abalar. Se algunha familia non é capaz de acceder ou non as pode ver, que mo comunique para buscar unha solución.

     E despois desta looonga introdución con cousas moi importantes que contar, imos co horario de hoxe: matemáticas, educación física, música, lingua castelá e ciencias sociais. Imos coas tarefas:

- Matemáticas: déixovos por aquí unha ficha especial para continuar repasando os ángulos. Espero que vos gusten, que son moi divertidas, e podedes aproveitar e colorealas para que sexan máis divertidas todavía: ficha tipos de ángulos e ficha tipos de rectas. Espero que vos gusten e que entendades todo perfecto, xa víchedes que é moi moi fácil.

- Educación física: aquí tedes o traballo do profe David para hoxe, e tamén para a próxima semana, porque non debedes olvidar que é necesario facer un pouco de exercicio todos os días. Espero que o cumplades, porque así manterémonos en forma e poderemos desbotar toda a enerxía sobrante do noso corpo. O exercicio nestes días é moi importante: parkour na casa

- Música: coma sempre que temos música, por aquí vouvos deixar o blogue para que accedades e busquedes a tarefas que tocan para esta semana. Recordade, buscade onde a profe fale de terceiro, para facer as tarefas que vos correspondan. Espero os traballos da semana pasada! Blogue de música

- Lingua castelá: hoxe imos repasar ortografía da b e da v, igual que fixemos onte con lingua galega, pero hoxe para lingua castelá. Espero que vos sexa moi fácil, e veña, a practicar! Por aquí vos deixo o xogo: hai tres niveis, empezade polo máis fácil, pero tedes que facer os tres! E contádeme cantos fallos tedes cando rematedes, ánimo: https://www.cokitos.com/juego-ortografia-b-y-v/play/

- Sociais: e para rematar, ciencias sociais, acordádevos que temos que rematar o traballo da cartolina que empezamos onte. Se necesitas recordar como se facía, só tes que buscar no blogue a entrada de onte e aí o tes todo explicadiño. Moito ánimo, e mandádeme foto cando o teñades rematado, quero ver que cousas tan chulas facedes.

     E ata aquí as tarefas desta semana, as de hoxe foron fáciles verdade? Para rematar a semana, un pouquiño de repaso non está de máis. Un bico moi grande para todos os meus pitufines, espero que nos volvamos a ver pronto. Non vos olvidedes de mirar a entrada das tarefas para semana santa pola tarde! E non perdades de vista o blogue durante estas vacacións, que haberá algunha sorpresa!

colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios