Xogos do luns: baile, xogo en familia e xogo de lóxica.

     Boas tardes corazóns, xa estamos de volta. Como foron as tarefas do luns? Espero que ben, non eran difíciles verdade? Hoxe, como todos os días, tráiovos algunhas actividades para que poidades ir facendo polas tardes, xa que entendo que despois de tantos días todos necesitamos algunha cousiña que facer para o noso tempo libre.

     Así que hoxe vouvos deixar por aquí, coma sempre, algunhas actividades variadas para que poidades facer: déixovos unha actividade física, para que os movades un pouco na casa, que sempre ven ben, unha actividade interactiva, un xogo online moi moi chulo, e algunha idea de xogo para facer en familia, a ver qué vos parece. Aquí van: 

- Baile: hoxe vouvos propoñer facer un baile, pero non é un baile calquera. Isto chámase "Batuka Junior", e o bailaba eu cando tiña a vosa idade. Sei que o vídeo non é o de maior calidade, pero vos aseguro que o ides pasar xenial bailando esta canción de rock, con saltos e moito moito movemento. Espero que vos guste: Baile "Salta"

- Busca do tesouro: para xogar en familia, propóñovos facer un xogo colaborativo. Podedes xogar entre dous ou máis, e o xogo consiste no seguinte:
1. Unha das persoas debe esconder un obxecto o mellor posible. 
2. Outra persoa debe atopalo pola casa. 
3. Mentres a persoa busca, o que agochou o tesouro debe irlle dicindo "quente" se está cerca ou "frío" se está lonxe, para darlle pistas sobre onde buscar. 
4. Podedes cronometras a ver quén é capaz de atopar o tesouro máis pronto.

- Xogo de bolas: por aquí vos deixo un xogo de lóxica, moi divertido, no que tedes que mover os bloques para conseguir que o bloque de cor verde poida saír da pantalla por onde están as flechas desa cor. Parece fácil verdade? Pois vexamos como se vos da: xogo de bloques

     E ata aquí os xogos para esta tarde, moito ánimo porque xa queda menos. E pensade que dentro dunha semana xa poderemos empezar a saír á rúa! É unha noticia boísima, e pouco a pouco iremos coñecendo como poderemos facelo. Un bico moi grande para todos chicos, espero que vos gusten as actividades de hoxe. 

Comentarios